Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Menciñeiros, capadores e albeites. Vacas, feiras, tratantes e moinantes (50)

Otero Canto, Xosé - viernes, 15 de noviembre de 2024
Onde saían os atracadores? Da Feira de Castro.

Isto que vou contar foi despois da guerra, aló polo ano 42 ou 43, se acaso. Os atracadores andaban por todas as feiras porque a canina era moi grande, e cando lle Menciñeiros, capadores e albeites. Vacas, feiras, tratantes e moinantes (50)vían a algún cobrar unha vaca ou unha besta íano esperar ao punto máis o xeito que atopaban para tal fin.
Un día un home de Vilela, chamado O Gallego, vendeu unhas vacas en Castro, porque trataba algo nelas, o día 8 de maio, vírono e fórono esperar ao curro de Toré, en Vilela. Dous homes pedíronlle os cartos e el negouse a entregárllelos e quixo pegarlles, ía canda el un fillo pequeno. Os atracadores sacaron dúas pistolas, era así polas seis da tarde e pegáronlle dous tiros ao señor e matárono para logo sacarlle os cartos que levaba da venda das vacas, Ao pequeno deixárono e saíu chorando ata unha casa que había non moi lonxe de alí. Os da casa foron co pequeno e viron o pai morto. Foron a Rábade pola garda civil e polo médico que certificou a defunción, logo veu o xulgado e levantou o cadáver e nunca máis se soubo quen foran os que o mataron.

Texto: Xosé Otero Canto
Ilustracións: María Guerrero
Otero Canto, Xosé
Otero Canto, Xosé


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICIDAD
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES