Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Menciñeiros, capadores e albeites. Vacas, feiras, tratantes e moinantes (49)

Otero Canto, Xosé - viernes, 08 de noviembre de 2024
Na Feira de Mosteiro e vindo do San Froilán

Mosteiro tiña feira os días sete de cada mes. A feira celebrábase alí onde hai unhas casas ao redor e no medio hai uns carballos. O polbo poñíase polo lado de riba e non había chigres a non ser un tendeiro. Isto que estou contando foi ao rematarse a guerra no 1939, fomos o papá e máis eu á feira e oímos que na única taberna que había houbera un lío moi grande porque un señor de Prevesos lle pegara un corte no nariz a un falanxista e con el lle baixara un cacho do nariz.Menciñeiros, capadores e albeites. Vacas, feiras, tratantes e moinantes (49)
Logo veu a garda civil e prendérono e levárono esposado, despois non sei o que lle pasou, mais coido que non lle debeu pasar nada porque despois, tempo adiante viña un día da feira do San Froilán de Lugo, o mesmo home, de vender unha mula e viña polo travesío e no camiño encontrou cuns ladróns que estaban roubando a un e pegándolle a outro, e vaise o home e escapouse a cabalo -que é como viña- a todo trote. Era pola media noite, cerca da casa dos Cabanas (Duarría), no curro de Ramos, que era a onde ían mirar sempre que faltaba un home para ver se estaba morto ao lado dun toxeiral, que era o lugar onde aparecían os homes mortos, e o home cheo de medo veu petar á aldraba da porta da miña casa, deixándolle os cartos da venda da mula e mais outros que levaba a meu pai e díxolle que xa viría buscarllos o día oito, que era a feira de Castro. Hoxe era día 5, día da feira anual de san Froilán. O home apareceu ao riscar o día na procura dos cartos que lle deixara ao meu pai por mor dos atracadores. O meu pai deulle os cartos e santas pascuas.

Texto: Xosé Otero Canto
Ilustracións: María Guerrero
Otero Canto, Xosé
Otero Canto, Xosé


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICIDAD
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES