Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

O debuxo dun espido

Basanta Martínez, Xesús (Xesús do Breogán) - jueves, 31 de octubre de 2024
Xoel é un rapaz que estuda Belas Artes na Universidade de Pontevedra. A súa afección ao debuxo e á pintura, levouno a escoller esa profesión e co consabido esforzo económico de seus pais, está conseguindo rematar a carreira.
A piques de rematar o curso, o profesor pídelle aos alumnos un exame de todo un reto, que se busquen a vida fóra da Universidade e que consigan facer un debuxo a lapis dun espido de muller. Ten que ser a lapis e non vale copiar os espidos, nin de películas de ningún tipo, nin de outros cadros famosos ou descoñecidos, nin de revistas ou periódicos. Ten que ser unha estampa moi orixinal na que o autor debe crear el mesmo a pose da modelo.
Xoel, que é tímido, non sabe a quen lle pedir que se ispa para el. Nun principio, pídello a súa propia irmá, pero por moito que Xoel lle suplica, súa irmá non só lle di que non, se non que o cualifica de psicópata.
Xoel ten unha grande amiga. Unha amiga da infancia á que tamén llo propón pero tan só con verlle a mirada que lle puxo, Xoel xa non insistiu.
Desesperado o home ante tal situación e os días pasaban e lle chegaba o prazo da presentación do debuxo, Xoel ideou de volver a propoñérllelo comezando por súa irmá, pero neste caso en vez de ser espidas de todo, deixarlles quedar co suxeitador e a braga. Pero tamén a idea fracasou, non lle aceptaron.
Ao final, ten unha macabra ocorrencia, a de ir a un club de chicas e propoñerllo a algunha meretriz a cambio de cartos, total é un simple debuxo. E así o fixo, o noso amigo foise a un club e tomando unha cervexa estivo comprobando o tipo de rapazas que había para poder así escoller.
Despois de case unha hora observando, Xoel viu a unha chica guapísima e de corpo inigualable e quedouse cos ollos moi firmes mirando para ela. A chica deuse conta da mirada e achegouse a Xoel ofrecéndolle os seus servizos. Xoel contratou á rapaza e cando ambos chegaron á habitación e a rapaza se ía espir, Xoel díxolle, "non, espera, eu non busco sexo contigo. Verás, teño que facer un espido de muller para presentar na Universidade, pero nin miña irmá nin as miñas amigas aceptaron, a si que, decidín vir aquí en busca de sorte e ti gustáchesme moito e quería preguntarche se ti aceptas e canto me cobrarías?". A rapaza sorriu e respondeulle, "mira, rapaz, son tantas as parvadas que os clientes me piden, que unha máis non me importa. Que che parecen cen euros?". Xoel viu o ceo aberto e quedaron para verse fóra do horario do club para traballar libremente.
Así é, como Xoel consegue facer o debuxo dunha muller da vida. Un debuxo precioso, dunha muller escultural e guapísima que se está podrecendo nun club de prostitución.
Presentados tódolos traballos dos alumnos, o profesor levounos para o seu despacho e colocounos moi coidadosamente sobre da súa mesa.
Coincide que o profesor de Xoel ten un amigo que tamén é pai dun alumno, pero este alumno é dos que se chaman "fillos de papá", non pega golpe, polo que seu pai vai falar co profesor para comprobar os últimos comportamentos universitarios do seu fillo.
O profesor faille pasar ao seu amigo á súa oficina e mándalle sentarse, pedíndolle ao tempo que espere un momento, que me ausento a mirar un asunto, son cinco minutos e logo falamos.
Mentres que o profesor marchou, o pai do alumno que era un vago, observou sobre da mesa do profesor, os debuxos feitos polos alumnos. Estivo mirando un por un, pero cando chegou ao debuxo de Xoel, quedou abraiado de todo, tanto da calidade do debuxo como da fermosura da rapaza do retrato.
Coa volta do profesor á súa oficina, colleu ao seu amigo observando o debuxo, polo que o profesor lle comentou, bonito debuxo, eh?, ao que o amigo lle respondeu verdadeiramente é precioso, pero quen será a rapaza?. nin idea, respondeu o profesor. "Pois a ver se te informas, porque xa sebes que eu teño unha axencia de modelos e a esta rapaza gustaríame contratala". O profesor díxolle "hai hom, tranquilo que anda o debuxante por aquí, e xa lle preguntas ti mesmo". Saíu o profesor á busca do alumno e cando Xoel chega á oficina e lle preguntan que quen era a rapaza, Xoel quedouse frío. Baixou a cabeza e gardou silencio, pero o profesor díxolle "tranquilo Xoel, non é para nada malo. Verás, este señor é amigo meu e ten unha axencia de modelos, e como lle gustou esta rapaza, quería mirar de contratala como modelo". Xoel non saía do seu pasmo e non sabía como dicirlles que a tal rapaza, era unha meretriz contratada por el, para saír do paso no debuxo que o mestre lle mandou facer.
Despois de reflexionar un bo cacho que para o mestre e o amigo, xa se facía unha eternidade absurda, Xoel decidiu contar a verdade, "verán, esa rapaza é unha chica dun club de alterne. Como ningunha rapaza quería posar para min, nin miña propia irmá, decidín ir a un club e pagándolle, e esa rapaza aceptou". O profesor quedouse mirando para Xoel e díxolle, "fixeches moi ben, fillo, consistía en saír a diante e matamos dous pombos dun tiro: un, que puideches facer o debuxo, e dous, que te enfrontaches a unha difícil situación. Isto dígocho, porque este señor amigo meu, ten aquí un fillo que é un vago e un viva a vida e non loita por nada, pero ti si que traballaches e ben. Grazas fillo". Xoel contento da resposta do mestre, díxolle ao amigo do profesor, "mira, eu non sei nin como se chama nin quen é. Contratei o seu espido como se fose un acto sexual, cobroume cen euros e non houbo máis". "Pero podemos ir ao seu club a ver se a encontramos e falamos con ela", lle dixo ao señor. "Pois vale. Cando queres ir?", "Pois mañá mesmo. A que hora se poderá ir", lle comentou o señor, "despois das vinte horas".
Ao día seguinte, o señor encontrouse con Xoel no lugar onde quedaran, e subidos ao seu coche, aló se foron ao club. Unha vez no local, entrou Xoel diante e o señor detrás. Pediron unhas cervexas na barra do bar á espera de que algunha chica se achegara ou a mesma chica que Xoel retratara. Xoel non podía preguntar polo nome dela porque non o sabía, pero tampouco se decatou de traer o debuxo e amosarllo ás compañeiras, polo tanto, terían que esperar.
Pasada preto dunha hora, e tanto Xoel como o acompañante xa beberan unhas cantas cervexas, aí aparece a chica do debuxo de Xoel. Certamente a chica recoñeceuno de inmediato, e foi a xunto del, toda sorrinte e saudouno preguntándolle, "non quererás facerme outro espido, ou?. Foron os cartos que máis felizmente gañei na miña vida!". Xoel, tamén sorrinte, díxolle, "non, non veño a iso. Verás, vouche presentar a alguén, que por certo, non sei nin como se chama…", "chámome Rodrigo", dixo o señor "pois preséntoche a Rodrigo e xa che explica el o que quer de ti", dixo Xoel. "En primeiro lugar, poderíasme dicir como te chamas?, se non che importa, lle dixo Rodrigo. "Chámome Antía", respondeu a meretriz. "pois mira Antía, proseguiu Rodrigo, eu son o propietario dunha axencia de modelos, ou sexa, son o encargado de enviar ás modelos de pasarela cada vez que hai un desfile de moda. Teño unha empresa que as prepara para aprender a moverse como as modistas e modistos requiren. Resulta que vin o debuxo que che fixo Xoel, e coido que serías unha das mellores modelos de hoxe en día. Reúnes tódalas características para ser modelo, pero bo, se ti prefires isto, ti saberás". Antía quedouse coa boca aberta e parecía como se a súa mirada non dera creto ao que estaba escoitando, pero a súa sorpresa foi de novo interrompida por Rodrigo "mira Antía, ti se queres pensalo, dásme un número de teléfono ou quedamos nalgún lugar que a ti che pareza dentro duns días. Só hai unha condición, que non podes ter proxeneta, tes que ser libre ou ter un mozo que non viva de ti nin deste tema da prostitución". Antía respondeulle a Rodrigo, "mira, eu non teño proxeneta ningún, pero o que si quería saber que condicións hai, como por exemplo: que vou cobrar, que horario teño, etc. tódalas condicións que me respecten e eu teña que respectar". "Nesta profesión, comenta Rodrigo, nós só te formamos, despois os contratos tes que asinalos cada vez que unha empresa te contrate. Se unha empresa te contrata para unha pasarela en Francia, no contrato cónstache o que vas a cobrar e tes o teu correspondete seguro e páganche as dietas todas. Os desfiles de moda adoita a habelos como mínimo dous por semana, claro está, en distintos países ou localidades ou pódeche cadrar algúns no mesmo. A paga mínima por cada desfile é de seis mil euros, que como che dixen, son libres, porque as dietas, hoteis e viaxes páganas eles, dito doutro xeito, podes sacar ao mes, ata dez mil euros libres de todo". Á parte de iso, por un anuncio impreso podes chegar a cobrar vinte mil euros e se é en vídeo comercial, podes chegar aos cincuenta mil euros.
Antía non sacaba os ollos de Rodrigo e a súa cara cambiaba de tonalidades de cores constantemente. De súpeto díxolle ao camareiro, "dáme un cubata de Larios, por favor". Antía tomou un bo trago do cubata e quedouse mirando para Xoel e díxolle, "bendito o día en que me puxen en pelotas diante de ti. Acepto a proposta".
Unha vez rematado o cubata e os dous homes as cervexas, Antía falou co dono do local e explicoulle a grande oportunidade que lle acaban de ofrecer. Colleu a súa roupa e saíron os tres pola porta e marcharon no coche de Rodrigo.
Antía fórmase na academia de Rodrigo e fai o seu primeiro pase de moda nunha pasarela de A Coruña. Todo sae perfecto. Acto seguido, outra pasarela en Vigo e de Vigo salta a Madrid, de Madrid a Barcelona, Francia, Suiza, Alemaña, Italia, Holanda, Francia de novo, volta a Madrid, a Barcelona, e un longo etc.
A vida de Antía cambia por completo. Pasa de alternar con chusma nun club nocturno a alternar coa alta sociedade de Europa e con empresarios da moda de todo tipo e compañeiras modelos con grandes carreiras universitarias. Antía pouco á pouco vai deixando os modais rústicos da época de club e adaptándose a modais máis cultos da sociedade e a un vocabulario más selecto. Cala ben entre a sociedade que a rodea, ata o punto que ninguén sospeita que aquela belida rapaza procede dos baixos mundos dun club de prostitución.
Antía aproveita a súa gran oportunidade e vai mercando pisos e apartamentos a medida que vai gañando cartos, é unha forma de inverter o seu xa gran capital para o día de mañá, así poder ter os pisos alugados e sacarlles cartos e ter unha boa xubilación. Tampouco se esquece da familia, aos cales, irmáns e pais lles pon medios suficientes para que vivan moito mellor do que vivían.
Pasan os anos, bastantes anos, e un día estando Antía de vacacións, da un paseo polas rúas de Madrid. Ao chegar á Gran Vía, ve a un home, un bohemio da vida sentado no chan e facendo un debuxo a unha rapaza que estaba sentada nunha cadeira. Ao ver o detalle, Antía lémbrase de Xoel e de cando e por moita necesidade, gastou os seus únicos cen euros para pagarlle a ela por un espido que despois a fixo famosa e rica. Antía púxose romántica lembrando a historia que lle cambiou a vida e achegouse ao lugar onde o debuxante retrataba a aquela rapaza.
Ao achegarse ao debuxante, observou a un home envellecido e canso, barba e pelo abandonados e ao tempo, moi mal vestido. As súas mans rugosas ao igual que a súa cara, sorriso triste e melancólico. O debuxante levantou a cabeza e mirou a Antía con cara lánguida e díxolle, "señora, si quiere que la dibuje, solo le cobro veinte euros, es tan solo para poder comer. Para hoy tengo con el dibujo de esta chica, pero mañana, no sé que me deparará la vida". Para Antía, aquela mirada parecíalle coñecida, pero non estaba segura, polo que lle fixo unha pregunta, "tardarás mucho en hacérmelo. Si no tardas, acepto". O debuxante respondeulle, "sobre diez minutos, pero no me apure por favor, para mi la obra es más importante que el dinero". "No te preocupes, lle dixo Antía, no tengo ninguna prisa".
Rematado o debuxo da rapaza, o debuxante mandoulle sentarse a Antía. Antía sentouse na cadeira e o debuxante comezou a facer o debuxo. Máis ou menos á media hora, tiña o traballo feito. Antía mirou o debuxo e exclamou, "está perfecto, es precioso. ¿dijiste veite euros?, "si señora", dixo o debuxante. Antía abriu a carteira, e sacou cento vinte euros e deullos ao debuxante. O home ao ver tal cifra exclamou "por Dios señora, le he dicho solo veinte euros". Antía con voz agarimosa díxolle cambiándolle de idioma, "Mira, son vinte euros do que me cobras por este debuxo e os outros cen euros, son os que che teño que devolver de cando un día che cobrei cen euros por un espido estando ti na Universidade de Pontevedra. Grazas a ti, son o que son, ou ti, non es Xoel?". O debuxante alzou máis a mirada de cara a Antía e comezaron a escorrerlle as bágoas polos ollos e díxolle, "ti es Antía?, Deus cantos anos fai". Antía díxolle, "moitos Xoel, pero non os suficientes para que me esquecera de ti. Deixa todo e vente comigo, imos comer xuntos e falamos. Ti sacáchesme dun mundo podrecido e agora tócame a min sacarte a ti".
E así foi, como Antía levou comer a Xoel a un gran restaurante. Unha vez comendo, contáronse as súas vidas. Xoel díxolle a Antía que se equivocara de profesión, e que no mundo da arte ou es moi bo ou cambias de tema. "Debuxo polas rúas, un retrato vinte euros, porque tamén hai moita competencia, e nada, saco o xusto para comer. Meus pais pensan que estou traballando nunha empresa, e como a eles non lles fan falla os cartos, nada me piden, e así vou colando".
"Ben, lle dixo Antía, eu teño que deixarte. Onde dormes?". "Nunha pensión ás aforas que é onde máis barato encontrei, respondeu Xoel". Pois mañá, ás dez da mañá, espérame aquí mesmo que imos facer unha cousa, vale?".
Ao día seguinte, cando Antía chegou ao lugar da cita, xa estaba alí Xoel esperando por ela. Antía pediu un taxi e aló se foron a un banco. Unha vez dentro, Antía pediu que lle abriran unha conta a Xoel con doce mil euros, e mirando á cara a Xoel díxolle,"ademais, vas a recibir tódolos meses e durante dous anos, mil euros nesta mesma conta. Vale?.
Xoel non saía do seu pasmo e non deixaba de mirar a Antía a cal ríndose lle dixo "Xoel, a cara de pampo que estás poñendo agora, é a mesma que eu puxen cando me presentaches a Rodrigo".
Ao saír do banco, Antía deulle o seu número de teléfono e díxolle, "chámame cando queiras e se precisas algo, non dubides en dicirmo e vaite ao barbeiro, aféitate, corta o pelo e vístete ben que unha imaxe vale máis que mil palabras. Adeus Xoel, e grazas por poñerme onde me puxeches". "Grazas a ti Antía, nunca o favor che pago, lle dixo Xoel". "Non digas parvadas Xoel. Quérote".

HISTORIA DE FICCIÓN, FROITO DA MIÑA IMAXINACIÓN
Basanta Martínez, Xesús (Xesús do Breogán)
Basanta Martínez, Xesús (Xesús do Breogán)


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICIDAD
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES