Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Non depende de levar sotana

Basanta Martínez, Xesús (Xesús do Breogán) - jueves, 17 de octubre de 2024
Non depende de levar sotana, depende en realidade de como é o ser humano, "polos seus froitos os coñeceredes", Mateo 7:20.
Que dentro dunha sotana hai un ser humano, é máis que certo, pero como di o vello refrán "el hábito no hace al fraile, pero le da un aire". Queremos dicir, que como en política, non só todos son iguais.

PRIMEIRA HISTORIA (a boa):
Todos sabemos, que en tempos pretéritos tivemos unha triste e sanguenta guerra civil. Sabemos tamén, que moitos aproveitando o desaguisado dedicáronse a "fanfarronear" o seu poderío e recordaremos como a Falanxe Española, asasinou a moitos inocentes no nome do patriotismo, incluso despois de rematada a guerra.
Os chamados roxos non foron moito mellores, pero os que predicaban por "Deus e por Non depende de levar sotanaEspaña", foron peores, porque non cumprían precisamente cos preceptos da súa mensaxe relixiosa "o quino, non matarás".
Nunha ocasión, viñeron uns rapaces falanxistas por terras de Foz e chegaron á nosa parroquia de San Martiño de Mondoñedo. Os falanxistas, coma sempre, nun vehículo negro e cos canos dos fusís sacados polas xanelas do vehículo sementando o terror.
Unha vez en San Martiño, observaron na faldra dun monte a uns labregos traballando. Detiveron o coche e baixáronse cos fusís na man e pegaron un berro de "Arriba España". Tódolos labregos ao escoitar o berro, pararon de traballar. Postos firmes, alzaron o brazo dereito e responderon "Arriba España", pero o máis vello, o pai dos rapaces que era algo xordo, estaba de costas á estrada e non sentiu o berro e o home seguiu ao seu.
Os falanxistas botáronse a correr monte arriba e colleron ao pobre do vello e xa o querían asasinar alí mesmo. Pero os fillos explicáronlles que seu pai era xordo e que non había ouvido o berro e que de por riba, estaba de costas á estrada.
A cousa amainou ao ver as súplicas dos fillos e a submisión de todos e collendo un dos fusís, disparáronlle ao vello un tiro ao lado de cada orella, dicíndolle "para que limpies las orejas y que para la próxima nos oigas". O vello co pánico desmaiouse e caeu deitado na leira.
Os fillos, como puideron, levárono para a casa, pero todo se calou por medo, pois a guerra aínda non rematara e todo era un caos e ata as paredes tiñan ouvidos.
Pasados quince días do suceso, chegou á casa desa familia o cura párroco, que unha vez dentro da casa, preguntou, "que foi o que aconteceu?". Os fillos do ancián por medo, non quixeron contarlle nada ao cura, alegando que simplemente lle dera un desmaio traballando na terra e que non era nada. Pero o cura insistiu e díxolles que sabía todo o que acontecera. Ao final, os rapaces confesáronlle ao cura o que en realidade había ocorrido.
O cura preguntoulle aos fillos da vítima o día exacto e hora exacta do suceso e se lembraban a matrícula do coche. Os fillos respondéronlle ao cura como puideron a tódalas preguntas.
Pasados varios días, o cura volveu á casa desta familia e comentoulles que tales Non depende de levar sotanafalanxistas era de Vilalba e que viñan máis por chulearse que por facer patria. Díxolles "a patria estabades facéndoa vós co voso traballo e non eles que andan folgados e chuleándose cos débiles. Pois xa que tanto lle queren á patria e lles gusta tirar tiros, que vaian tiralos ao fronte. Din parte deles e ao fronte os enviaron a facer patria".

SEGUNDA HISTORIA (a mala):
O mosteiro dos Picos ou mosteiro de San Martiño de Vilalourente é un antigo mosteiro medieval situado nos arredores da cidade de Mondoñedo, na parroquia dos Remedios dese mesmo concello.
Algúns documentos apuntan que foi construído en 1348, século XIV. Os franciscanos foron os seus primeiros moradores e máis tarde serviu como Hospital de Peregrinos do Camiño Norte.
A comezos do século XVIII, con Xoán Antonio Muñoz Salcedo como bispo de Mondoñedo, remodelouse o templo: reconstruíuse o campanario para darlle máis altura e derribouse a anterior igrexa.
O bispo pagou as obras da nova construción e o seu retablo maior. Foi habitado polos Pasionistas entre 1884 e 1964, ficando deshabitado ata a actualidade.
Resulta que, preto deste mosteiro, había unha casa habitada por unha familia moi humilde. Esta familia, sentíanse moi identificados cos monxes Pasionistas do mosteiro aos que tiñan con moito orgullo como veciños.
Esta familia, algunha veces que podían, adoitaban a invitar a comer aos monxes deste mosteiro, ditos xantares entre a familia e os pasionistas, eran bastante frecuentes.
Un día, chegou á casa desta familia un amigo deles e lles dixo "liscade, pero xa para outro lugar. Liscade co posto e non esperedes nin un só minuto, os vosos veciños, os Pasionistas, denunciáronvos por roxos e veñen a por vós. Liscade, pero xa".
Efectivamente, a familia liscou de inmediato da casa e viñéronse a vivir a unha das parroquias de Foz, en dita parroquia, aproveitando un monte próximo ao seu domicilio, o home foi cavando pouco á pouco unha cova para agocharse en caso de algún outro apuro deste tipo.
Basanta Martínez, Xesús (Xesús do Breogán)
Basanta Martínez, Xesús (Xesús do Breogán)


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICIDAD
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES