Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Documentos de identidade

jueves, 28 de mayo de 2009
Primeiro foron as cédulas de identidade para, mediante o pago dun canon anual, ter un certificado de existencia e personalidade expedido polo goberno con periodicidade anual.

Logo apareceu o Carnet de Identidade, a mediados do século XX, que incorporaba fotografía do interesado e os datos máis relevantes de nacemento, residencia, ata grupo sanguíneo e proxenitores. Dentro deste mesmo carnet, outro máis moderno reducía o tamaño e incorporaba técnicas especiais para impedir calquera falsificación.

Por fin, o documento que na actualidade se expide, o carnet electrónico, esixido por países con problemas graves de terrorismo, para acreditar a identidade do propietario sen temor a falsificacións, que aínda vai precisar dun tempo para poder asentarse como a definitiva tarxeta -por agora- de identificación individual, e del xa van entregados dez millóns de exemplares.

Pero agora unha empresa galega anuncia unha iniciativa que si pode aportar o definitivo documento de identificación persoal, xa que incorpora datos xenéticos para completar o perfil do Adn do seu propietario.

É unha pequena tarxeta, do tamaño dun carnet ou tarxeta bancaria, que esta empresa de biotecnoloxía do grupo Euroespes, de Bergondo, expide co perfil xenético de cad solicitante.

Aportando o material solicitado, somente unha mostra de pel da mucosa bucal, a empresa obtén todos os datos da persoa interesada e convirte ó individuo portador en titular dunha tarxeta moi útil a efectos de localización persoal en catástrofes, desaparicións, accidentes ou acreditación de personalidade.

O portador dunha destas tarxetas non só leva acreditación dos seus datos persoais senón de toda a súa herdanza xenética, constituíndo o documento máis perfecto á hora de acreditar calquera tipo de circunstancias.

As técnicas están chamadas a facilitar a vida das persoas e, neste caso, garantir a súa identificación. Ás veces, producen vértigo. Só hai que pedir que todo esto se utilice rigorosamente, honradamente, para evitar delictos que, cos avances da tecnoloxía, serían cada vez máis difíciles de detectar.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES