Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Non cambia nada

Santalla, Iago - miércoles, 23 de octubre de 2024
Vin o documental sobre Colón cunha interese relativa. Por un lado, recoñezo o peso histórico que supuxo o feito acontecido en 1492 (négome a chamarlle Descubrimento). Que dito feito cambiou a historia é innegable pero tamén é innegable que provocou un xenocidio multinacional que acabou cos pobos indíxenas lexítimos moradores daquelas terras. Por outra parte, querendo ou sen querer, Colón deu lugar ao Colonialismo, que é unha forma de instaurar a inxustiza nunha poboación convertendo dereitos en dádivas.

Persoalmente, vexo pouco positivo en toda esta primeira historia de América que en realidade converteuse nun gran xenocidio humano e cultural. Tendo isto en conta, loxicamente, impórtame moi pouco a identidade de Colón pero entendo perfectamente a interese que suscita entre os investigadores. Entendo tamén a quen se molestou en ler textos e en crear unha teoría coherente dunha determinada postura pero o ADN ten un marxe de erro ínfimo, polo que semella unha proba contundente.

Saber a orixe de Colón é importante pero non vexo que mude substancialmente o relato histórico. Aínda que recoñezo, tamén, a miña profunda desinterese polo personaxe.
Santalla, Iago
Santalla, Iago


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICIDAD
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES