Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo

Rivas Delgado, Antonio - miércoles, 16 de octubre de 2024
Sinxelas e simples, complexas e reviradas

Corrín pola costa abaixo e ó chegar ó fondo corrín pola costa arriba. As cousas son así, sinxelas, simples. Todo o que entra, sae. Aquel que vai, vén. Aínda que algún é certo que non volve nunca. Sei dalgúns que marcharon facer as Américas (o meu avó materno, por exemplo) e nunca volveron. Hai circunstancias nas que un opta polo que lle peta. Tamén os hai que non saben volver. E outros din que se non é toxo, é silva; pero tamén pode ser codeso. As cousas seguen a ser así, sinxelas, simples e, ó mesmo tempo, complexas, reviradas, incluso bastas e duras.
Pingas de OrballoCorrín para un lado, corrín para o outro e imaxineime ó momento polo sen cabeza. E como tal esnafrei contra todo o que se me puxo por diante. Mais, non recuando, seguín dálle que tumba ós pros e contras da existencia. Que sempre os hai. Uns máis suaves que outros e, algúns, tan só algúns, imparciais.
Corrín por unha perna núa e descansei nunha coxa celestial. O polo sen cabeza acabou esgotado e o descanso era máis que primordial. Alí, tombado na coxa, souben que a vida ía máis alá dunhas carreiras sen control, ou sen xustificación, ou sen lóxica. O silencio imperou sobre o barullo e tan só un asubío, un pequeno e simple asubío, foi quen de alborotar o momento, ese momento bonito, e eterno, e nostálxico, e celestial.
Porén, como a vida segue, tamén eu tiven que seguir correndo. Quedar quieto non procede. A quietude, a calma atrofia os músculos, mesmo os nervios. Non é nada bo sentirse amorfo, parado, inútil. Mellor correr, aínda que se boten os bofes.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICIDAD
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES