Máis humanidade e máis calidez humanas
Cachaza Platas, Mercedes - jueves, 17 de octubre de 2024
Uns máis e outros menos; pero todos temos a nosa zona sensible que agradece un trato humano e cálido.
As persoas extrovertidas, móstrano; as intorvertidas, non tanto; pero non significa que non o necesiten.
Eso notámolo desde moi pequenos.
Se observamos dous nenos xemelgos, vemos que un é moito máis dependiente que o outro.
A explicación é a sensibilidade afectiva: un é máis dependiente que o outro; pero os dous necesitan calidez humana.
COS ADULTOS PASA O MESMO SOBRE TODO EN MOMENTOS CRÍTICOS:
Cando unha persoa está pasando un mal momento: unha palabra de alento, un rato de compañía, unha pequena axuda da maneira que sexa, unha chamada telefónica, un whatsapp... agradécense moito.
Pero...
NOS TEMPOS QUE VIVIMOS RESULTA ALGO COMPLICADO.
Somos escravos do reloxio: temos un horario para cada cousa supoñendo que todo vai normal e cando chega un momento difícil...
¿De onde sacamos o tempo?
ALEGAMOS QUE NON TEMOS TEMPO PARA:
-OCUPARNOS DA INFANCIA e por eso delegamos a súa crianza en mans alleas.
-OCUPARNOS DOS ESTUDIOS DOS NOSOS FILLOS e por eso nos encontramos con sorpresas desagradables en non poucas ocasións.
O profesorado desespérase, as calificacións floxean, os rapaces collen malas compañías...
-OCUPARNOS DAS PERSOAS ENFERMAS: que moitas veces están ingresadas en hospitais sen o calor da familia e das persoas queridas.
-OCUPARNOS DAS PERSOAS EN IDADE SENIL que levan en soidade os seus achaques e pásano moito peor que si tiveran o calor dos seus, tanto se están no fogar como nunha residencia.
Non cabe dúbida de que os tempos que nos toca vivir teñen moitas ventaxas: os adiantos tecnolóxicos permítennos chegar a onde nunca pensamos que fora posible.
Pero...
¿PODE A TECNOLOXÍA SUSTITUÍR Ó SER HUMANO?
A tecnoloxía e unha ferramenta moi valiosa, pero non deixa de ser unha ferramenta.
A tecnoloxía non ten humanidade, non ten vida, non ten sentimientos, non ten calidez humana.
CÓMPRE TER EN CONTA:
-Que tratar con humanidade é propio dos seres humanos nada máis.
-Que unha mascota fai moita compañía pero non pode prestarnos a axuda humana.
-Que un robot, axuda moito pero non ten vida propia.
-Que os humanos precisamos dar e recibir coidados humanos con calidez.
-Que os seres humanos necesitamos amar e ser amados.
O AMOR É O MELLOR DE CANTOS REMEDIOS HAI.
-Quen dá amor, da vida porque somos froito do amor.
-Somos fillos do Amor porque Deus é Amor e só Deus pode crear vida.
-O amor fai milagres.
-O amor é o motor do mundo.
-Sen amor, a vida non ten sentido.
NECESITAMOS SACAR TEMPO DE ONDE SEXA PARA:
-Que non lles falten coidados amorosos ós nosos seres queridos
-Ofrecer calidez humana ás persoas coas que convivimos.
-Ofrecer calidez humana ós compañeiros de traballo.
-Ofrecer calidad humana nos momentos difíciles da vida.
-Ofrecer calidez humana co vecindario.
-Ofrecer calidez humana cos enfermos, sobre todo.
-Ofrecer agradecemento con moita calidez humana ás nosas amistades.
-Ofrecer calidez humana ás nosas persoas maiores porque a necesitan máis que nunca.
AFORRAR AMOR SIGNIFICA DESPERDICIALO
Desperdiciar o mellor que temos é un grave error.
O amor que non se dá, non existe.
Cando se dá amor, multiplícase.
Multiplicar amor é o mellor labor.
Quen multiplica amor, reparte benestar.
Quen reparte benestar, fai un mundo máis humano.
Ó remate da vida examinarannos do amor.
O MUNDO NO QUE VIVIMOS NECESITA MÁIS QUE NUNCA CALIDEZ HUMANA
As noticias fálannos de guerras que destrúen vidas.
Os que provocan as guerras non son conscientes de que a violencia enxendra violencia e o que necesitamos é PAZ.
Nun mundo violento, o que se necesita é paz.
Necesitamos persoas buscadoras de paz, porque a paz é posible.
"PERSOAS BUSCADORAS DE PAZ"
Este será o título do seguinte artigo.
Moitas grazas por terme na súa consideración nesta ocasión

Cachaza Platas, Mercedes
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora