Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Bipartidismo

miércoles, 27 de mayo de 2009
Parece como se o Bng estivese pagando erros dos últimos tempos, e se fomentase no Parlamento de Galicia un xeito de diálogo entre os dous partidos principais que deixan fora de xogo ó terceiro que tivo tentacións de ser o primeiro en virtude da pura aritmética suma de votos.

É unha volta á realidade que seguro fai pensar ós múltiples responsables desta forza política sobre comportamentos futuros no caso de volver a responsabilidades de goberno.

É difícil ser unha forza bisagra e non morrer no intento. É difícil ser consciente de que gracias á forza que un representa se exerce a gobernabilidade dun país, provincia ou concello, e non deixarse levar pola euforia do momento e considerar que non haberá tempos peores, que sempre se dependerádo seu voto, que se pode actuar sen pensar no mañá.

No Parlamento de Galicia, PP e PSOE son conscientes do seu papel de primeira e segunda forza política polo número de deputados electos, e non só se produce o pacto para que Xesús Palmou sexa membro do Consello de Contas, senón que o Bng queda como convidado de pedra na designación de Director Xeral da Compañía de Radio e Televisión de Galicia, dándolle como feito o nomeamento de Alfonso Sánchez Izquierdo, aínda que o PSOE remolonee para facerse querer con que aínda non se pronunciou sobre o tema.

Non da aprendido o Bng que sae perdendo nestas alianzas contra natura para gobernar porque se durante o exercizo parece que ten suxeito ó PSOE polas partes políticamente máis sensibles, queda logo fóra de xogo, magoado, sen posibilidades de recuperación. É difícil ser raíña por un día – catro anos- para volver ser logo cincenza agardando unha oportunidade na que volver calzar o fráxil zapatiño de cristal que fende ó primeiro tropezón.

Puramente, non é este un bipartidismo ó uso, pero sí unha situación na que dous principais partidos se disputan a hexemonía a escala estatal, galega, autonómica ou provincial. O Bng vai ter que aproveitar mellor as oportunidades e non lanzarse ás tólas servirlle o poder en bandexa ó PSOE para –pensando ser o controlador da situación- ser o blanco de todos os disparos.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania