Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Empate técnico

martes, 26 de mayo de 2009
Estamos na campaña das eleccións europeas 2009, esas que todavía non conseguen emocionarnos porque nos falta información, formación, convencemento.

Ainda seguimos a falar de Europa como se ese continente empezase máis aló dos Pirineos, ou de Pedrafita. E así as eleccións europeas son as menos participación rexistran entre as que periódicamente nos chaman a votar. Tampouco as institucións fan demasiado esforzo -e os partidos, o mesmo- e os comicios europeos non se parecen en nada a unhas municipais, xerais, ou de xeito especial autonómicas como as que acabamos de vivir.

Todo Galicia sabía o que se xogaba o un de marzo, pero moi poucos galegos teñen claro o que vai pasar o sete de xuño, ou se van molestarse en ir depositar o seu voto.

As enquisas do Cis indican que hai o que se deu en chamar “empate técnico”, entre o PP e o PSOE, que van conseguir cada un arredor do corenta e dous por cento dos votos e vintetres representantes europeos para cada partido, quedando para todos os demáis grupos que se presente arredor dun quince por cento, o que supoñería tan só catro representantes, que corresponderían a listas nacionalistas e Izquierda Unida.

Pero ó final son os votantes os que deciden, que poden querer facer descreer ós enquisadores, como pasou nas recentes eleccións galegas nas que ninguén apostaba por unha victoria tan clara do PP, especialmente tendo en conta a previsible asociación dos socialistas co Bloque.

Aínda que o tema nos pareza de pouca importancia, tamén as eleccións europeas contan e de xeito moi importante. Porque fóra de España tamén as correlacións de forzas xogan papel decisivo, e non é o mesmo que nos representen uns ou outros, que a política europea tamén se move por ideoloxías.

E non podemos pensar que todos os representante son iguais, que cando saen de España os do PP e os do PSOE pensan o mesmo, en beneficio xeral do país. Se así fose, todos votarían do mesmo xeito e non é así. O pensamento de cada quen, a ideoloxía, hai que verquela tamén no río que nace o sete de xuño para aumentar -cada quen- o caudal de votos dos que considera que o van representar mellor. E comezar a pensar en Europa como un lugar de traballo e discusión non como o punto simbólico de procedencia dunhas subvencións que non tardando moito van rematar.

Co tempo, as eleccións europeas vanse considerar tan importantes como calquera das outras. E entón as enquisas dirán o que queiran pero moi posiblemente o resultado non produza un empate técnico.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES