Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Empobrecemento ou falsa riqueza

Santalla, Iago - miércoles, 16 de octubre de 2024
Non puiden estar onte no Domingo das Mozas por motivos de traballo. Obviamente, estou escribindo este artigo un luns 7 de outubro, sabendo que se vai publicar o 21. Non obstante, por desgraza, sei que non vai ficar obsoleto. Onte, Sés, de novo, ergueu a voz en urxencia para dicir alto e claro ALTRI NON. Creo, ademais, que definiu Altri cunhas verbas contundentes: aberración e empobrecemento. Non se pode dicir máis claro en menos tempo.

Aberración, vémola no feito de contaminar un río e un mar que mantivo e mantén a xeracións de familias. O empobrecemento, vén no feito de pedir unha especie de acto de fe no que se debe renunciar a todo o legado polos antepasados (falo de legado colectivo) a cambio duns postos de traballo. Pero resulta que os postos de traballo non valen nada fronte ao paraíso. Fronte a todo o que vivimos e desfrutamos ano tras ano e, sobre todo, fronte á auga pura que nos mantén ceibes. Os postos de traballo non valen nada fronte á saúde e hai estudos dos problemas de saúde que trae consigo a celulosa. Logo, ao mellor, fan "donativos". Pois como a priori non fan falta, que os leven por onde os trouxeron.

Dicía Manuel María "sei o que vale un verso", pois ben, eu sei o que vale o Ulla, sei o que vale a Ulloa, sei do gran patrimonio que posúe e é de todos, sei de loitas que procuraron e procuran conservar o paraíso e sei que Altri non ten nada, salvo a forza para impoñer a brutalidade e roubarnos o paraíso. Nin lle debemos nada, nin nada queremos del, nin confiamos en quen nos insulta.
Santalla, Iago
Santalla, Iago


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICIDAD
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES