Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo

Rivas Delgado, Antonio - jueves, 10 de octubre de 2024
Un día torcido

Tirei a pelota ó alto do tellado e díxenlle a un gato que fora por ela. Agatuñou á velocidade dun lóstrego e coa súa pata esquerda empurrouna para abaixo. A pelota caeume na cabeza. Non me matou nin me fixo dano. Pero vin perfectamente como o gato se riu. Quedei de pasmón. Como ía quedar!
Pingas de Orballo Deixei de xogar coa pelota e fun pescar troitas ó río Arnoia, xusto por debaixo da presa da Porfía, en Baños de Molgas. As troitas, cando me viron chegar, agocharon debaixo das pedras da vaira e tomaron un té inglés. Tiven que cortar unha galla longa dun amieiro para furgar por entre as pedras e para que saíran a leito aberto. O problema asomou ó momento: se furgaba non pescaba e se pescaba non furgaba. Outra vez que quedei de pasmón.
Desde a presa da Porfía marchei para o Outeiro Barbeiro. Alí armei unha trampa para o lobo, que valía tamén para o xabaril. A trampa consistía nun simple aro que atravesei entre dúas toxeiras. Botei toda unha semana esperando e só un saltón foi quen de pasar polo aro. Terceira vez que quedei de pasmón.
Porén, non desesperaba; nunca desespero. Sentei no mazadoiro da burga e esperei a velas vir. Non tardou en aparecer xente. Xente que non coñecía de nada e que tampouco me coñecían. Non lles dei parola. Para que, se non sabía que dicirlles... Iso si, saudeinos ó chegar e despedinme ó marchar. Porque marchei con cara de pasmón para a miña casa. O día saíra torcido e non quixen provocalo máis. Fóra, miañou o gato. Boteille a pelota para que xogara con ela.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICIDAD
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES