Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Persoas con sentidiño

Cachaza Platas, Mercedes - jueves, 10 de octubre de 2024
Sempre foron moi necesarias as persoas sensatas.
Sempre as houbo.
Nestes tempos tamén as segue habendo e moitas, grazas a Deus.
Todo depende da educación que se reciba, e non me refiro á académica que non está ó alcance de todos.
Refírome á educación de andar pola vida que está ó alcance de todas aquelas persoas de boa vontade que a integran no seu plan de vida diario.
POR ESO NOS ENCONTRAMOS CON PERSOAS QUE:
- SABEN DECIR NON ó consumismo e ó materialismo e consomen o que é bo para a súa saúde e para a súa economía
- SABEN QUE para mante-la saúde cómpre levar unha vida moderada e non cometer excesos.
-SABEN EDUCAR ÁS CRIATURAS para cumprir cos seus deberes persoais e escolares como un deber sen que eso supoña un mérito pola súa parte nin que mereza premio.
O premio xa é a formación para preparar un futuro digno.
- SABEN ADMINISTARSE: gastar o necesario, si; pero consumir por consumir, nada de nada.
-VALORAN A HUMILDADE E A SENCILLEZ como norma de vida, aínda que a súa situación social sexa de moito prestixio.
-CONSERVAN OS VALORES CRISTÁNS COMO ALGO MOI
VALIOSO: casan pola Igrexa, bautizan os seus fillos sen ostentación, prepáranos para recibir a primeira comunión, acompáñanos á catequese, celebran os restantes sacramentos con sencillez e devoción.
Viven a fe auténtica na vida diaria.
Son crentes coherentes.
-SON ENTREGADAS E SACRIFICADAS que levan unha vida austera e teñen un autodominio digno de admiracon e cumpren relixiosamente cos seus deberes persoais, familiares e profesionais.
-SON AGRADECIDAS que saben valorar o que teñen e o que se fai por elas.
Mostran habitualmente bo humor e un sorriso de paz e amor adorna sempre os seus beizos.
-SABEN APROVEITAR AS OPORTUNIDADES e vailles moi ben na vida porque non regatean esforzos para cultivarse, para administrarse, para saber estar e para saber facer.
-QUE DAN O MELLOR DE SI tanto na vida familiar como na laboral.
Saben priorizar para desempeñar o rol que lles corresponde en cada momento.
-SON ALTRUISTAS que se ocupan das outras cando ven unha necesidade e son unha bendición para os que están ó seu carón.
-SON BOAS VECIÑAS e saben saudar e ofrecerse para o que poidan ser útiles.
-FAN VOLUNARIADO GRATUITO sen pedir nada que non sexa estar ó servizo dos demais. Saben compartir tempo e dedicación.
-SON MEMBROS VIVOS DA SOCIEDADE porque co seu bo facer dan vida alí onde se encontren.
Así son as persoas con sentidiño.
-ESTAS PERSOAS SON AUTÉNTICOS HEROES ANÓNIMOS que tiran do carro do vida para que vaia o mellor posible.
-ESTAS PERSOAS NON SAEN NOS MEDIOS DE COMUNICACIÓN; pero teñen moito moito mérito.
-ESTAS PERSOAS PASAN POLO MUNDO EN SILENCIO; pero o seu silencio é moi fecundo.
-ESTAS PERSOAS PERTENECEN A TÓDALAS CLASES SOCIAIS porque a bondade está ó alcance de quen a admite no seu corazón.
-ESTAS PERSOAS, A VECES, SON DE CURTA IDADE porque xa nacen adornadas con esa gracia.
-ESTAS PERSOAS SON XOVES QUE PREPARAN O SEU FUTURO para ser homes e mulleres de proveito na vida adulta.
-ESTAS PERSOAS SON ADULTOS QUE SE MULTIPLICAN para atender ás necesidades familiares e máis ás laborais sen descoidar as espirituais.
-ESTAS PERSOAS SON DE IDADE AVANZADA que aínda conservan as facultades mentais e saben como proceder donde queira que se encontren.
ESTAS PERSOAS SON UN EXEMPLO DE VIDA PARA TODOS.
-Cómpre fixarse un pouco para darse conta de que andan entre nós e que debemos estarlles agradecidos porque nos fan a vida máis levadeira.
-Cómpre aprender delas.
-Cómpre seguir os seus pasos.
-Cómpre darlles valor porque o teñen aínda que non destaquen no medio das outras.
-Cómpre pararse un pouco a reflexionar sobre o que é verdadeiramente importante: PASAR POLA VIDA FACENDO O BEN, porque o que fai ben ós demais tamén o está facendo para el mesmo.
-Cómpre pensar no mundo que queremos deixar á xeración vindeira.
Porque esta vida é maravillosa se sabemos empregar debidamente os talentos que se nos regalan.
TODOS TEMOS ALGO PARA DAR.
Todos temos moito que recibir para enriquecer a nosa personalidade con dignidade verdadeiramente humana.
Humanidade e calidez humanas é algo que se bota en falta nestes tempos.

"MÁIS HUMANIDADE E MÁIS CALIDEZ HUMANAS"

Este será o título do seguinte artigo.
Moitas grazas por terme na súa consideración nesta ocasión.
Cachaza Platas, Mercedes
Cachaza Platas, Mercedes


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICIDAD
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES