Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Denuncia de censura

Rodríguez Patiño, Luis Ángel - martes, 08 de octubre de 2024
En calidade de Coordinador da UNED SENIOR CORUÑA e tamén como Cura Párroco , quero unirme ás denuncias de Censura por parte do Reitor e do Equipo de Gobierno da UNED, dun documental histórico sobre a cuestión Palestina, facéndose cómplices có colonialismo e a guerra.

Palestina, unha terra negada e silenciada pola UNED
Ao longo destes doce meses de guerra e xenocidio en Gaza chegaron noticias sobre actos de censura en universidades alemás, británicas ou estadounidenses, negando a participación de académicos ou rexeitando a publicación de artigos. Tamén tivo lugar algún incidente en universidades españolas, a pesar de que no país prevaleceron as mobilizacións contra a guerra, tiveron lugar centenares de actos de solidariedade e a propia CRUE (Conferencia de Reitores das Universidades Españolas) asumiu o compromiso de revisar a cooperación coas universidades israelís cómplices co colonialismo e a guerra. Pero hai un caso escandaloso de censura académica que tivo lugar na UNED, e que se tentou tapar con silencio e evasivas. Un caso que ilustra a incoherencia e o medo de máis dun goberno universitario.
Unhas semanas despois do inicio da guerra de Israel contra Gaza, o profesor de Socioloxía Ramón Adell e o equipo de audiovisuais da UNED (UNED Media) puxo en marcha a realización dun documental histórico sobre a cuestión palestina, concibido e pilotado pola realizadora Yolanda Prieto. O plan era que, do mesmo xeito que outros documentais de temática histórica e internacional realizados nese departamento, o documental de Palestina puidese utilizarse nas actividades da universidade e emitirse no programa que esta ten en RTVE e que dá unha proxección social ás súas actividades.
No documental participou unha decena de académicos de varias disciplinas, xornalistas especialistas en Oriente Medio e defensores dos dereitos humanos. Debe sinalarse que entre eles-as había persoas que coñecen moi ben, desde dentro e de maneira directa, a realidade palestina e israelí. O resultado foi un documental en dous episodios que leva por título "Palestina, unha terra negada" que recapitula as claves históricas da desposesión palestina e permite entender mellor a situación actual. O documental utiliza un inestimable material audiovisual histórico e o relato explicativo corre a cargo dos mencionados especialistas. En suma, un traballo de factura profesional e de excepcional valor didáctico.
O documental concluíuse en marzo. Pero cando os realizadores se dispuxeron a entregalo á instancia que debía incluír o traballo na programación de televisión, o responsable de Comunicación e Marketing de UNED Media opúxose á súa emisión. Alegando que o material é parcial e nesgado (a favor do relato palestino) permitiu sinalar unha serie de temas que deberían incluírse nun traballo de esttipo, despregando unha ladaíña de lugares comúns e tópicos sobre a cuestión como a xustificación do sionismo polo holocausto ou a ocultada colaboración nazi-islámica.
Os realizadores e os participantes no documental consideraron que a decisión desa persoa era simple e sinxelamente un acto de censura e recorreron ao Reitor da UNED. Nesa instancia a resposta foi o silencio, validando de feito a cacicada do responsable de comunicación.
Cabe sinalar que a UNED ten unha considerable colección de material audiovisual sobre Israel, de toda factura, froito de actividades diversas ao longo de varios anos. É incontestable que a produción dun material histórico sobre o feito colonial e a orixe do conflito en Palestina enriquecería o fondo da universidade e diversificaría as lecturas.
Podemos aventurar múltiples razóns detrás da decisión; a censura por razóns ideolóxicas, o medo para cuestionar relatos instalados ou a negativa para debater e contextualizar. E iso é o grave, con esas actitudes particípase en manter a coraza de impunidade da que gozou Israel, e con iso a xustificación da limpeza étnica, do colonialismo, de ldeshumanización e ao final do xenocidio en curso. Este tipo de censura ten as súas raíces na actitude compracente con Israel que prevaleceu durante décadas, mesmo por parte da academia. Hoxe, revisar certos postulados canónicos supón asumir que houbo unha longa conivencia co discurso justificador do colonialismo israelí, e isto é un sapo difícil de tragar. Se non hai argumentos para manter o relato
justificador do xenocidio, recórrese á censura disimulada. Como foi este caso.
Este xesto de desprezo polo coñecemento histórico desde as instancias de goberno da UNED é rechamante e escandaloso. Esiximos que a UNED levante o embargo sobre o documental "Palestina, unha terra negada". Axudádenos a que o Reitor e o equipo de goberno da UNED reconsidere o seu silencio censor.

Fdo. Luís Ángel Rodríguez Patiño cura párroco de XESTOSO, CAMBÁS (Coruña) MOMÁN -LABRADA (Lugo) e Coordinador da UNED SENIOR CORUÑA.
Rodríguez Patiño, Luis Ángel
Rodríguez Patiño, Luis Ángel


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICIDAD
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES