Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Chega un día concreto

Rivas Delgado, Antonio - lunes, 07 de octubre de 2024
Aí atrás, nesta columna, escribín sobre as crueldades da natureza e as humanas. Hoxe vou tirar polo camiño dos atentados; que, realmente, podían catalogarse tamén como crueldades humanas. Son crueldades humanas.
Chega un día concretoOnte fixo 49 anos, máis en concreto, o 6 de outubro de 1975, que en Roma, ás oito e vinte da tarde/noite, un grupo de mercenarios fascistas italianos, pagados pola ditadura de Augusto Pinochet, criba, dispáranlle ó exiliado ex vicepresidente democrático de Chile, Bernardo Leighton, ó que deixaron con graves feridas e deixando tamén parapléxica á súa dona. As sombras das ditaduras son longas, tanto no tempo (aquí podemos meter todas as ditaduras) como na distancia (de Chile a Italia). Seguro que Pinochet tiña medo que Leighton non se deixase ferrar sen aceal, é dicir, que se lle subira ás barbas e a mellor solución xa se sabe cal é. Morto o can, adeus rabia.

Xusto un ano máis tarde, asoma outro atentado. Foi en Barbados, illa das Antillas Menores, ó nordeste de Venezuela, onde terroristas cubanos anticastristas, que vivían en Miami, Chega un día concretoe co apoio da CIA estadounidense (faltaría máis), atentaron con bombas contra un voo da liña aérea Cubana de Aviación, que caeu na praia, pouquiño despois de despegar, provocando a morte das 73 persoas ocupantes, entre elas os membros do Equipo Nacional de Esgrima, que acadaran todas as medallas de ouro no Campionato Centroamericano e do Caribe celebrado en Venezuela, en Caracas. Como nas guerras, como na maioría dos grandes atentados, pagan xustos por pecadores.

Tamén no mesmo día 6 de 1977 (hai 47 anos) foi España a que non se librou de atentados. Máis en concreto en Alicante. Un grupo de fascistas (quen se non) atacan a militantes e simpatizantes do Partido Comunista, causándolle a morte a un deles.

E en 1981 asasinan ó político e militar Anwar el-Sadat, presidente de Exipto desde 1970 ata 1981, que estaba presenciando un desfile das súas tropas armadas na capital do país, no Cairo.

Como se ve, chega un día concreto (o 6 de outubro) para que, ano tras ano, nos deixe ó descuberto a cruel natureza humana, ese demo que todos levamos dentro e que, moi a miúdo, deixamos escapar para que faga das súas, ou sexa, para que arrase, para que mate, para que asole. E, aínda que agora mesmo, a conciencia se nos volva benévola, ós poucos minutos xa deixamos que reverte a negra.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES