Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Menciñeiros, capadores e albeites. Vacas, feiras, tratantes e moinantes (44)

Otero Canto, Xosé - viernes, 04 de octubre de 2024
O "Gafo" na miña casa

Pasara xa moito tempo e certo día atopeino na miña casa a el e a outros dous homes. Cando o vin, el quedouse cortado e díxome, sen outra cousa, perdóame o mal que che fixen, non sabía que esta era a túa casa.
Menciñeiros, capadores e albeites. Vacas, feiras, tratantes e moinantes (44)
Víñache pedir un favor e é que merquei dúas vacas e non teño onde deixalas e víñache pedir a ti que mas tiveses na corte ata mañá que veñen por elas, mais ao ver que é a túa casa non me atrevo a pedircho porque eu aquí non coñezo a ninguén e díxome este señor, un que viña canda el, que lle comprei unha, que ti mas podías ter ata mañá pois eu nunca aquí vin e é moita casualidade atoparme contigo.

Voume eu e díxenlle que non se podía ser malo porque non se sabía nunca con quen un ía dar un ao longo e ancho da súa vida e que me fixera moito dano e gasto, mais que a pesar de todo que lle gardaba as vacas ata o día seguinte que viñesen por elas. Nisto, vaise un dos acompañantes e díxolle:

- Xa che dixen eu que este era un bo home (referido a min)

As vacas metinas na corte e deilles comida coma o resto das outras que eu tiña estradas polas cortes. Ao outro día mandou por elas e non lle cobrei nada. Non sei se lle valeu de algo o que lle dixen e o que lle fixen, pero de todos era sabido que o Gafo non tiña un amigo en ningún sitio.

Texto: Xosé Otero Canto
Ilustracións: María Guerrero
Otero Canto, Xosé
Otero Canto, Xosé


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES