Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Á beira do Camiño: As novas tecnoloxías

martes, 26 de mayo de 2009
As novas tecnoloxías: Non todo vale!

Palabras máxicas. De moda. Están na boca de todos. No mundo da política, da ciencia, da investigación (que ben soa iso do I + D!) do traballo, da economía. Semellan ser a gran panacea para a solución total e plena dos problemas deste noso globalizado mundo. A Igrexa, que ten de se encarnar moito máis aínda nesa frenética realidade, comeza a utilizalas. A novas tecnoloxías...novas e mellores relacións humanas! Será iso unha feliz e venturosa realidade algún día!? De nosoutros depende.

Algo resulta evidente. Nunca a humanidade (a familia humana) tivo á súa disposición tantos e tan potentes e poderosos medios para se comunicar entre si. Desde o sinxelo e utilitario móbil (mesmo ao alcance dos nenos máis pequenos) até o derradeiro avance informático (incluída a Internet) abondan múltiples e diversos medios para nos axudar a relacionármonos entre todos nós... Máis e mellor!

Sen embargo, endexamais estivemos tan distanciados uns dos outros polo que podemos observar e comprobar ante a inxustificada multiplicación das inxustizas, desigualdades, guerras, pobreza, fame...Cada día que pasa, estamos máis comunicados, técnica e fisicamente, pero moito máis divididos e mesmo manipulados. Incluso, incapacitados á hora de nos servir e de gozar destes fabulosos medios tan fabulosos e estupendos para a mellora da persoa humana.

A chamada á revisión chegounos o pasado domingo desde a Igrexa católica. A través da XLIIIª Xornada Mundial sobre Medios de Comunicación Social. Cunha clara mensaxe para os todopoderosos amos e señores destes extraordinarios medios e tamén para os pobres e sufridos usuarios, que somos maioría. Unha pregunta esencial e clave ante esta Xornada, á que debemos dar resposta axeitada uns e outros: Na actualidade, a quen están a servir estes todopoderosos Medios!? A ideoloxías e intereses económicos duns poucos ou ao servizo de toda persoa humana chamada a compartir vida e bens!?

Os medios teñen de nos axudar a que nos saibamos respectar uns e outros, a favorecer o dialogo, a convivencia, a verdade, a paz e a solidariedade. Deben ser canles de valores re/convertidos en tamén claras e expresas actitudes de servizo. En especial, cara os sectores máis pobres e vulnerables (Anciáns, nenos, enfermos, parados.) A maioría dos grandes Medios de Comunicación actuais están, con máis/menos consciencia e intención ou malicia, predispostos a des/informar, a des/orientar e mesmos a confundir aos consumidores. A que non pensen por eles mesmos. A querernos re/converter en só consumidores Predominan os intereses económicos. Particulares e de grupo... Tanto nos medios públicos coma nos privados.

“Non todo vale!” ven de berrar, con forte e coherente voz, o ex/arcebispo de Sevilla, D. Carlos Amigo, con motivo da aparición dos dous vergoñentos e repugnantes vídeos armados polos dous partidos maioritarios do País. Ningún dos medios se debería prestar para estas aberrantes e mesmo escandalosas campañas. Moito menos os que se definen como da Igrexa, que teñen a obriga, ética e moral, de seren auténticas testemuñas, visibles e coherentes, do Evanxeo do Amor, da Verdade, da Xustiza e da Fraternidade que Xesús veu traer ao Mundo. Non viría nada mal algo máis de “sentidiño”. Están a deshonrar a Política. Van de escándalo en escándalo. Non son merecentes do noso apoio nin respecto. Fagan algo por mudar de conduta se non queren seguir des/prestixiados e mesmo esquecidos e silenciados. Non todo vale!
Mato, Xesús
Mato, Xesús


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES