Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Homenaxe pictórica a Eduardo González Ananín

García, Xosé Lois - lunes, 07 de octubre de 2024
O poeta proletario ourensán, Eduardo González Ananín (Tibiás, Pereiro de Aguiar, 1926-Ourense, 2023), remata de ter unha homenaxe artística en Vilagarcía de Arousa, protagonizada polo pintor mindoniense, Xosé Artiaga e a súa Fundación, sendo comisaria da mesma a artista Saudade Artiaga. Homenaxe pictórica a Eduardo González AnanínEsta exposición convértese en itinerante, proximamente en Ourense, para percorrer varias cidades e vilas galegas, así como do Estado español. O esforzo de Xosé Artiaga en artellar e concentrar nesta exposición artística, en tributo e homenaxe de seu eterno amigo de benquerenzas, non deixa de ser apoteótica, convocando a vinte catro destacados artistas, como Caxigueiro, Vari Caramés, José Freixanes, Menchu Lamas, Francisco Leiro, Beatriz Palomero, Antón Patiño e Xosé Vizoso, sirvan estes artistas de destaque entre os demais representados na exposición e no catálogo exposto.

A vida de Ananín, case centenaria, foi ese fortín de sentimentos que el acumulou e mostrou en tantos sentimentos e sensibilidades existenciais dun desbordante humanismo. Como neno orfo de mai, que non coñeceu, abriu un longo camiño iniciático nun contexto de súa familia labrega e un período escolar, nos anos da II República en Tibiás, aquí tivo como profesor ao republicano e destacado poeta, Manuel Luís Acuña, Deste profesor, Ananín, sempre destacou o seu legado pedagóxico e seu talante humanista que seu discípulo sempre tentou de imitar e lembrar. Nesta primeira iniciación, o noso poeta vese truncado pola Guerra Civil e mais tarde comeza a traballar como albanel, e cumprindo tres anos no servizo militar (1946-1949). En 1951 emigra a Arxentina, traballa en Buenos Aires no seu oficio de obras e con enorme vocación social e política na que fornece unha ideario defensivo en favor do proletariado. Intégrase no colectivo dos grandes mentores da resistencia cultural galega de Buenos Aires, potenciada por escritores e artistas como Blanco Amor, Luís Seoane, Arturo Cuadrado, Xosé Conde, Alberto Vilanova, Laxeiro, Díaz Pardo, Marcos de Abeleda e tantos outros intelectuais da emigración e do exilio galego na Arxentina, cos que conviviu González Ananín.

Nos seus cinco poemarios, encontramos esa inconfundíbel rectitude de confirmar certeza e aposta pola defensa das capas sociais explotadas e empobrecidas. Unha actitude que cultivou en todas as súas expresión vivenciais. Unha persoa moi activa no que manifestaba a súa galeguidade, iso confirmaba que o seu corpo o tiña na Arxentina e a súa alma na Galiza. No seu último libro, publicado en 2011: "Alegato contra casi todo", con prólogo de Xesús Alonso Montero, conforma un amplo ventallo de consideracións sobre diversos ambientes no campo democrático, sobre a liberdade, a economía global, e o avance do extremismo apocalíptico.

Eduardo González Ananín, para seus amigos, tivo unha enorme visibilidade de agrandar esperanza coa ampla irmandade que trotou na Galiza, Arxentina e noutras xeografías. A ninguén defraudou seu hálito solidario e de bonhomía. Constato aquel caloroso agosto de 1982, cando chegou a Barcelona á miña procura, da longa conversa propiciouse unha amizade que continúa existindo post mortem. El practicaba esa fraterna e humana amizada, dou fe: Durante anos visitaba semanalmente e encarrilaba a meu pai, un home vulnerábel en varias deficiencias, informándome da súa situación. Ese cariño fraternal que el demostrou é impagábel, nun mundo afastado de realidades infrahumanas. Ananín tiña unha poderosa convicción de protexer a quen o precisara.

Por tanto, a actitude mostrada pola amigo Artiaga, de realizar unha exposición itinerante con esa forza tan expresiva que teñen eses pintores e escultores que participan na homenaxe ao noso poeta ourensán, marca esa conciencia de regresar ao home, ao poeta, ao humanista, ao solidario, que todos corroboramos as súas emerxencias solidarias. O día que visitei esta exposición, acompañado doutro grande artista, Héitor Picallo "K-Rapucho", ficamos impresionados por tal resposta expositiva. Artiaga ten en proxecto, proximamente, de convocar a poetas a colaborar nun volume poético en honra de Eduardo González Ananín.
García, Xosé Lois
García, Xosé Lois


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES