Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Shakira

Xiz, Xulio - miércoles, 02 de octubre de 2024
Como auga de maio agardamos que se confirme que o auditorio nonnato de Lugo se inaugurará o próximo Nadal cunha actuación que nunca se vira na capital lucense. Despois de tantos anos agardando por esta singular instalación, que agora vaia abrir as portas produce razonable satisfacción.

Ao enterarnos da noticia, supoño que todos botamos a imaxinación a voar polos ceos da música e das artes, saboreando de antemán a posta de Lugo en lugar preferente do panorama da cultura nacional... pero non fixo falla que chegara a rebaixa axeitada ás posibilidades dunha economía que parece non vivir os mellores momentos, senón que unha sóa palabra bastou para poñernos no noso lugar, que sabemos cal é.

Alguén dos que elucubraron posibilidades vese que dixo unha palabra ao azar -Shakira!- e en lugar de recibir unha rotunda negativa diante do evidente desnivel, só mereceu un comentario de circunstancias, non fose a ser que por aí foran os tiros.

Só unha palabra basta para saber por onde andamos e que a alma se nos murche, alomenos a parte da alma que pensa que o Auditorio novo ten que ser algo serio para Lugo. Para que veña Shakira temos as beiras do Miño, os pavillós de deportes ou a nova praza de San Fernando, e xa postos tamén poderían contratala para o San Froilán, que seguro farían as ledicias de moita xente, pero pensar que podería abrirnos as portas do auditorio aos lucenses excépticos, é descoñecer as apetencias que a cidade pode ter en canto ás posibilidades dunha instalación á que temos que poñer a proba para comprobar que está á altura das nosas necesidades; e que estamos á altura das súas posibilidades.
Xiz, Xulio
Xiz, Xulio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICIDAD
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES