Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

UNHA TRISTE REALIDADE

lunes, 07 de julio de 2003
O pasado venres 13 un grupo de activistas da organización ecoloxista Greenpeace do buque Rainbow Warrior, tratou de impedir a entrada dun barco en Valencia que transportaba madeira procedente dunha tala "ilegal" dun bosque de África. Ata aquí todo é normal sabendo das actuacións do grupo ecoloxista, o anormal foi o que veu a partir deste feito; detencións de tódolos membros de Greenpeace é para máis carallo o día 25 o Ministerio de Fomento lles puxo unha fianza a máis alta imposta ata agora por un goberno de Europa, 300.000 Euros. Fianza que teñen que pagar para poder saír o buque Rainbow Warrior do citado porto.

Coido que na actualidade existe un proxecto entre o Banco Mundial e algúns países de África de vixilancia forestal para certas madeiras e talas "ilegais", e polo que comenta Greenpeace nese barco viñan algunhas desas madeiras.

É de pura lóxica que as autoridades antes de tomar estas desproporcionadas decisións contra os ecoloxistas, o seu deber era comprobar o manifesto de abordo e pescudar a súa orixe desta madeira por si eran talas "ilegais". Pero o máis doado é darlle un escarmento a quen está a vixiar de que a natureza non a esnaquicen empresas sospeitosas de delinquir en accións de talas ilegais. Mentres as autoridades españolas permiten a entrada destes buques que transportan estas madeiras, arremeten con saña aos que defenden o medio ambiente. Fálase nestes días da "mafia do ladrillo e da mafia do formigón". ¿ Estaremos nestes intres ao nacemento da "mafia da madeira"?.

Dende 1700 a 1999 os humanos roubaron aos montes case un 40% da súa superficie e a desertización avanza ano tras ano. Se non se arranxa por todas este problema, ao pé de poucos anos a desfeita vai ser impresionante e dela non se libra ninguén.

Os ecoloxistas de Greenpeace con esta acción en Valencia, trataron de defender a todos os seres deste doente planeta, de que a desfeita non chegue a ser irreversible. Se defender á maioría dos seres humanos protexendo os recursos naturais é delicto, apaga o farol e ímonos, ante esta desproporcionada fianza e detencións, xa podemos guindar ao lixo o artigo 45 apartados 1, 2 e 3 da nosa Constitución onde concretamente ese apartado 2 di: "os poderes públicos mirarán pola utilización racional de tódolos recursos naturais, có fin de protexer e mellorar a calidade de vida e defender ou restaurar o medio ambiente, apoiándose na indispensábel solidariedade colectiva".

Ante estas grandes inxustizas, que podemos agardar dos poderes públicos apoiados por certos gobernos deste "mal chamado primeiro mundo". ¿Qué pode acontecer nun futuro non moi afastado, cando un Presidente de EEUU comenta que, “para rematar co lume nos montes temos que talar as árbores?. En que intereses madeireiros estaría a pensar cando dixo estas palabras.

É moi triste que os cidadáns teñamos que loitar para sentirnos protexidos, daqueles que en aparencia din que nos protexen. Sempre por natureza fun moi susceptible dende que teño uso da razón, a todas as "versións oficiais", na actualidade ante este panorama de líderes políticos que minte máis que falan (exemplo claro o das armas de destrucción masiva de Iraq), lles creo moito máis unha garola dos ecoloxistas que a unha verdade que dixera nun momento dado de certos líderes políticos. Isto é unha triste realidade.

Vilaxoán –1-VI-2003
Cardalda, Theo
Cardalda, Theo


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES