Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

A relatividade dos prazos

lunes, 25 de mayo de 2009
A execución de obras é algo perfectamente regulado por unha lexislación complexa, e cando unha obra se programa leva consigo toda unha dotación de infraestructura literaria e técnica onde figuran precios, cualidades, cantidades, e prazos.

Cando a obra é menor, ou cando hai unha certa experiencia en obras similares, os prazos poden e deben estar perfectamente calculados para que o contratista ou contratistas cumpran co previsto, cobren no momento axeitado, sufran as penalizacións que correspondan polos retrasos, e o Plan onde cada obra está incardinada se cumpra.

Pero hai determinadas obras, sexa polas sús dimensións descomunais sexa porque non hai experiencia previa en accións similares, que o máis natural é que sufran retrasos e a eles, por afeitos, ninguén vai protestar con demasiado convencemento.

Ocorre co gran Hospital de Lugo, que ía entrar en funcionamento en 2008, e agora a cidade ten xa perfectamente asumido que se cobra vida neste ano será unha gran sorte, porque ademáis da construcción está o avituallamento.

E pasa coa Autovía 8, do Norte ou do Cantábrico, que cruza Asturias e en Galicia recorrerá desde Ribadeo a Baamonde para entroncar aquí coa A 6, tamén no seu momento con notable retraso nalgúns dos seus tramos.

Sábese xa que os tramos Mondoñedo-Lindín e Lindín-Careira, non van entrar en funcionamento ata o ano 2011, cando se contaba que a totalidade da autovía funcionase en 2010. E non pasa nada.

Son con moito os tramos máis difíciles do recorrido desta vía en Galicia, que as chamadas “costas de Mondoñedo” foron de sempre barreira natural entre o norte e o centro da provincia de Lugo.

Pero a obra vai, e van entrando en funcionamento algúns tramos. Entre Vilalba e Baamonde xa se circula por autovía cunha facilidade impensable hai non moito tempo.

Ningún problema pois. Se os prazos son case sempre relativos, neste caso máis, e o que os galegos pensamos diante de obras coma estas -fatalistas sempre ou escaldados- é que o caso é que se rematen aínda que sexa un pouco tarde.

A relatividade aplicada ás estradas pode facer milagros en canto á tranquilidade dos afectados.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania