Os excesos, páganse
Cachaza Platas, Mercedes - jueves, 03 de octubre de 2024
Que vivimos uns tempos moi acelerados, sabémolo todos.
Consciente ou inconscientemente estamos sobrepasando certos límites.
NO TOCANTE Á FAMILIA:
NON FAI MOITOS ANOS:
Os que casaban, casaban novos, eran matrimonios heterosexuais e casaban para toda a vida.
HOXE EN DÍA:
Os que deciden vivir en parella, non todos se casan e os que o fan, fano arredor dos trinta ou máis con outra persoa do sexo que sexa.
E aínda hai máis: hai quen cambia de xénero, algo impensable noutros tempos.
Tamén hai moitas rupturas familiares producindo moita inestabilidade na célula básica da sociedade.
NON FAI MOITOS ANOS:
A maiorá da familias eran numerosas, vivían varios membros baixo un mesmo teito.
Os fillos respectaban ós pais e manifestaban unha distancia xeracional moi marcada.
HOXE EN DÍA:
As familias son nucleares ou monoparentais.
Non se gardan distancias e en ocasións os proxenitores convértense en amigos dos seus fillos e as criaturas quedan "orfos" cos pais vivos.
¿Curioso verdade?
NON FAI MOITOS ANOS:
Os anciáns: venerábanse, sentábanse no mellor sitio da casa e mimábanse en extremo ata ó último día da súa vida.
HOXE EN DÍA:
Os anciáns estorban na viviendas unifamiliares e, se teñen con que, rematan os seus días entre descoñecidos nunha residencia de anciáns.
Moitos xa piden a eutanasia por medo a non ter quen os coide e nalgúns casos para non molestar á xeración seguinte.
A familia perdeu moita cohesión.
Unha mágoa.
NON FAI MOITOS ANOS:
Cando nacía unha criatura, pensábase en bautizala canto antes para educala na fe e nos valores cristiáns.
Os pais e padriños respondían por ela ata a maioría de idade que tivera autonomía e capacidade para elixir.
HOXE EN DÍA:
Moitos xa non os bautizan e os que o fan, dan moita importancia á festa social que moi pouco ten que ver co sacramento.
Os que sendo cristáns, optan por non bautizalos alegan que xa elixirán cando a criatura teña capacidade para decidir.
Por outra banda, eses mesmos proxenitores, xa lles poñen a camiseta do seu equipo de fútbol favorito nada máis nacer e cando poden andar xa os levan ó fútbol e non esperan a que eles poidan elixir...
¿Cómo se entende eso?
NON FAI MOITO:
Á hora de divertirse, a xuventude recollíase arredor das dez da noite e nunca despois das doce, porque se dicía:
"Quen perde a noite, perde o día seguinte"
HOXE EN DÍA:
Saen a media noite para regresar a media mañá do día seguinte.
¡Canto cambiaron as cousas en pouco tempo!
¿ESTAREMOS COMETENDO EXCESOS?
En moitos casos, pode que si; pero aínda queda moita xente con sentidiño.
Moita xentiña boa que conserva o que nunca debe perderse: OS VALORES.
-XENTIÑA CON VALORES, que sabe que o matrimonio (canónico ou civil) debe ser heretosexual e estable.
-XENTIÑA CON VALORES, que ten moi claro que unha familia debe ter estabilidade para levar a cabo un plan de vida en común.
-XENTIÑA CON VALORES, que crea unha familia na que reina o amor e a convivencia que só os lazos de sangue poden dar.
-XENTIÑA CON VALORES, que sabe que un pai é un pai e unha nai é unha nai e un fillo é un fillo, cada un no lugar que lle corresponde.
-XENTIÑA CON VALORES, que respectan e coidan ós seus maiores con moito amor porque é unha etapa máis da vida, pola que todos pasamos se non morremos novos.
-XENTIÑA CON VALORES, convencida de bautizar ós seus fillos e educalos na fe e na tradición cristiás, para que lle encontren sentido á vida.
-XENTIÑA CON VALORES que sabe respectar os horarios para aproveitar da mellor maneira posible os días da vida.
XENTIÑA QUE NON COMETE EXCESOS PORQUE SABE QUE OS EXCESOS PÁGANSE.
"PERSOAS CON SENTIDIÑO"
Este será o título do seguinte artigo.
Moitas grazas por terme na súa consideración nesta ocasión.

Cachaza Platas, Mercedes
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora