Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo

martes, 01 de octubre de 2024
Lágrimas de crocodilo por todo o universo

Lágrimas de crocodilo no bambán dunha noite tan escura que nin se ven as estrelas. En cada bágoa cae un salouco que fai dano por dentro. Nas estrelas, ó mellor, hai gases tóxicos que se meten, en silencio, no peito. E voarán as escuras andoriñas polo ceo negro.
Lágrimas de crocodilo no ruxerruxe dunha manifestación na que non hai ninguén que saiba de que vai o conto. Porén, móvense amodiño e cun tanto por cento moi alto Pingas de Orballoda causa perdida. Non obstante, seguen buscando o camiño cun leve barullo de fondo do que se sobresae un asubío. Ó mellor era alguén que cantaba baixiño.
Lágrimas de crocodilo no esperpento dunha parvada (ó mellor era unha esvástica arrepentida) que escapou dun campo de concentración cheo de esperanza. Unha esperanza pola que retaron os ateos e comungaron os demos. Seguro que era un cara ó sol nunha noite de inverno. Ou nunha posguerra de inferno. Quizais un esperpento na soidade dun evento; cultural, político, relixioso, económico, social, deportivo, mesmo atmosférico ou filosófico. De todo hai na viña daquel que se dixo sempre.
Lágrimas de crocodilo na tatuaxe dunha ascensión ó ceo, aínda que este nin se vexa en todo o traxecto. Quizais porque, o ascenso, se faga en silencio. Tamén deixando escapar algún que outro xemido seco, eterno. Simplemente para rachar o silencio. Hai tatuaxes que dormen na estrutura dos soños, nas ansias dos soños e nas realidades dos mesmos soños.
Lágrimas de crocodilo que caen sobre o terreo. E sobre o tempo. E por todo o universo.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES