Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Mojo picón

viernes, 27 de septiembre de 2024
O "Mojo picón", asombrounos a primeira vez que pisamos as Illas Afortunadas porque era salsa que picaba con xeito e, xunto coas humildes patacas con pela, tan queridas na nosa cociña, conformaba un plato certamente exótico.

Picaba xenerosamente, e seguimos degustándoa nas diversas viaxes, ata que deixou de picar, devindo nunha salsa bermella que no canto de provocar abrasión tolerable produce no paladar pouco máis ca unha caricia.

Preguntando aos hosteleiros do por que agora o "picón" non pica, atopamos dúas respostas básicas: Dunha banda afírman que o picor non era natural senón provocado pola adición de tabasco e por outra, que parece máis plausible, é que se reducíu o seu picor para acomodarse aos gustos dos delicados extranxeiros que convirten en minoría aos que falamos en canario aínda que sen o acento das Illas.

Aínda que non pique como debera, a nosa neta Sabela é unha devota deste provocador aditamento, e cada viaxe non queremos volver sen traer para a pequena un frasco de "Mojo". Asi foi esta vez que en Lanzarote mercamos nunha tenda un envase da outrora suxestiva sustancia, que na Seguridade do aeroporto nos foi requisada como se levásemos un animal exótico ou un artefacto perigoso. Non puido pasar o control, agora que non pica, porque a saber que se pode facer trucando un destes frascos.

En canto pasamos o control, mercamos un frasco idéntico na tenda do aeroporto libre de impostos, polo triple do que costa no mercado canario, e puidemos cumprir co ritual. Coas miñas eivas dietéticas, sigo a suspirar polo bravo "Mojo" doutrora, que picaba coma un feixe de toxos, pero sabía a gloria.
Xiz, Xulio
Xiz, Xulio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES