Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

'Prinses mía'

Rubia, Xoan - miércoles, 02 de octubre de 2024
É o nome dun barco, un veleiro que recalou hai uns días en Mugardos repetindo a visita que nos fixera o ano pasado. Chama a atención a súa presenza colorista, pintado ao máis puro estilo hippy o mesmo que o seu bote auxiliar. Vese antigo, pero fermoso e é de bandeira dos Países Baixos. Os seus dezaseis metros de eslora e cinco de manga é o espazo natural onde vive o seu único tripulante, un navegante solitario, e isto é realmente o que a min me chamou a atención. Sempre tiven por uns heroes aos 'Prinses mía'navegantes solitarios, eses que se enfrontan a inmensidade do océano tan só na compaña da súa propia soidade deixándose levar polos ventos e resolvendo sobre a marcha as dificultades que se poidan presentaren, que se presentan, nesas longas singraduras que emprenden. Son auténticos, xenuínos nautas.

Atopeime co navegante solitario no paseo marítimo: chegou ao peirao na súa chalupa cunha bolsa negra con desperdicios xerados abordo que axiña depositou nun contedor: exemplo cívico de responsabilidade co medio ambiente, e logo botouse a camiñar con paso lixeiro como para se desentumecer pois a vida abordo con tan pouco espazo non da oportunidade de exercitar a deambulación. Saudoume cun leve movemento da súa man e inclinando a cabeza. Ao pouco subiu a súa canoa colorista e foise para o seu barco. E eu pensei como sería a súa vida abordo mergullado nas súas reflexións, sen falar con ninguén, tomando as súas propias decisións sendo patrón e mariñeiro ao mesmo tempo. Crearase na mente do navegante solitario un problema de relación ao non ter frecuentemente contacto coa xente? O traballo para o navegante solitario no barco require ter a mente moi desperta e todo baixo control pois calquera fallo pode dar o traste coa seguridade do barco e xa que logo coa súa propia. Terá tempo a pensar noutras cousas que non sexan mesmo da navegación cando vai ao temón?

Eu, que tiven un veleiro e naveguei por aquí, vivín en primeira persoa o pracer que supón navegar a vela, e podo imaxinar o que é penetrar na inmensidade do mar vendo só ceo e auga sen descubrir terra firme e sen que ninguén te estorbe ou te condicione. Débese un sentir como o centro do universo. Por iso admiro tanto a estes navegantes solitarios como o do "Prinses Mia", donos de si mesmos, toda a tripulación na mesma persoa, donos absolutos do tempo e case sempre alleos aos avatares da vida na terra.

Por iso, admirado navegante solitario do "Prinses Mia", deséxoche felices singraduras por eses mares as veces procelosos e outras pracenteiros, e se volves a achegarte por Mugardos, malia sentirte tamén solitario en terra, que saibas que es ben recibido.
Rubia, Xoan
Rubia, Xoan


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICIDAD
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES