Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Cando faltan profesionais

viernes, 22 de mayo de 2009
Hai en Galicia moito paro de persoas sen unha determinada especialización, sen formación abonda para poder avalar unha petición de posto de traballo.

Tiñamos en tempos superabundancia de administrativos, mentras que faltaban albaneis, carpinteiros ou electricistas, por poñer algúns exemplos. Dunha banda, porque formar un administrativo é relativamente doado, doutra porque obter empregos especializados é máis factible, e non hai abondos porque estes cometidos manuais -titulados nalgunha FP no mellor dos casos- non están prestixiados nas nosas escalas sociais.

Atopámonos agora con que precisamos médicos e cregos. Os primeiros prestixiados abondo tanto social como económicamente, e os segundos en regresión porque as correntes sociais non van na mesma dirección.

Hai ducia e media de especialidades en Galicia que van de dixestivo a reumatoloxía, pasando por cardioloxía, varias cirurxías, endocrinoloxía, neumoloxía ou neuroloxía con ratios por debaixo do promedio en España. E xa se fala da posibilidade de máis facultades, sen ter en conta que “fabricar” un médico precisa moito máis que montar unha Facultade en determinado lugar.

O dos cregos, con moi graves carencias en relación coas cifras ás que estabamos acostumbrados está sendo solventado polas dioceses galegas agrupando parroquias, acumulando responsabilidades ós cregos rurais, formando equipos por cabezas da comarca e ata habilitando a leigos que desempeñen determinadas funcións catequéticas ou asistenciais en ausencias dos cregos.

Antes, cun cursiño de Promoción Profesional Obreira, formabanse carpinteiros, albaneles, fontaneiros ou coidadores de vacas. Na actualidade, as esixencias son moito maiores. E a formación compre obtela en centros regulados, con teoría e práctica, e dacordo con planificacións educativas que non se poden improvisar.

As carencias actuais –que non poden constreñirse ás dúas mencionadas- nin poden entenderse de xeito individual senón dacordo coa situación xeral do país, irán tendo acomodo. Pero entendendo sempre que a formación é o requisito indispensable para obter profesionais capacitadados para que a maquinaria da nosa sociedade siga poñéndose en marcha cada mañá.

Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES