Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Volve o San Froilán

Santalla, Iago - miércoles, 02 de octubre de 2024
Aí vén de novo o San Froilán co Peludez abandeirando ledicias para que Lugo esperte en festa. Cada lugués ten un San Froilán no corazón pero todos asociamos ao Santo coa xuntanza familiar. Coa idea de que se acabaron os traballos da colleita e agora toca unirse para deleitarnos cos froitos.

No San Froilán, Lugo era e é unha aldea global que convoca a Galicia enteira a coñecerse. Do 4 o 12 de Outubro todos os falares do noso idioma resoan en cada recuncho amurallado con musicas de ledicia que latexan no corazón.

Un novo San Froilán para gozar xuntos as irmandades máis fondas da vida. Chegou a hora de vivir novamente a emoción dese fío invisible que nos une á emoción de vivir unha festa na que se encontraban todas as nosas xeracións. Quizais por iso, o San Froilán colle unha cor de eternidade e con nós camiñan todos os que un día nos fixeron cantar, rir, soñar e bailar nesta festa que convoca, en colleita de fartura, o outono.
Santalla, Iago
Santalla, Iago


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICIDAD
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES