Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Amañarnos co que hai

Cachaza Platas, Mercedes - jueves, 26 de septiembre de 2024
Un dito popular afirma que: "non se pode estirar o pé máis do que dá a manta"
Vivimos nuns tempos que se nos pide moito por todas partes.
A publicidade bombardea día e noite para que consumamos.
Hai quen se gaña a vida vendendo; pero tamén é ben certo que á hora de consumir deberíamos ser máis responsables.
CONSUMIR CON RESPONSABILIDADE
Vivir por encima das nosas posiblidades trae problemas.
Se gastamos máis do que temos ou vivimos hipotecados ou acabamos arruinados.
O aconsellable sería poder aforrar algo para unha emerxencia que se pode presentar cando menos se pensa.
Os nosos ancestros así o facían.
En pouco tempo pasamos dun extremo ó outro.
MODERACIÓN, SI; DERROCHE, NON.
Unha cousa é evolucionar e outra ben diferente derrochar.
Todo o que consumimos sae da nai natureza e todos sabemos que nestes momentos a nosa naiciña quéixase.
E ben seguro que a natureza non se queixa sen motivo:
Temos moitas mudas de máis e a súa fabricación contamina e gasta moita enerxía.
Co calzado pasa outro tanto.
Cos alimentos, pasa máis do mesmo.
A infancia tira bocadillos nas papeleiras dos colexios.
¡Como lles gustaría a outros nenos saciar a súa fame!
DEMASIADOS XOGUETES
A infancia dos países desenrolados ten demasiados xoguetes que nin valora nin disfruta.
E o peor de todo é que non é educativo.
E desto tamén se queixa a nai natureza.
NOVAS TECNOLOXÍAS
As novas tecnolxias supoñen un gran avance; pero mentres que uns poucos gozamos delas, outros viven escravizados sacando os productos correspondentes das minas.
A ECONOMÍA PERSOAL
Afortunadamente a economía de moitas familias dá para todo; pero outras teñen que administrarse moi ben e outras non teñen que administrar.
Do mesmo xeito que moitos de nós abusamos no consumo de bens materiais, non pasa o mesmo cos relacionados co alimento mental e menos co espiritual.
INTELIXENCIA NATURAL
A pesar de que as novas tecnoloxias nos facilitan moita información, non podemos esquecer que temos que exercitar a nosa intelixencia e levar na nosa memoria moitos coñecementos para poder desenrolar ben unha profesión e para saber andar pola vida.
A nosa intelixencia ten unha capacidade enorme que debemos aproveitar.
Por eso é moi importante dedicar moito tempo ó estudio e á lectura para que a nosa memoria almacene a información suficiente.
FORMACIÓN ESPIRITUAL
Na actualidade a formación espiritual necesita mellorar.
Non debemos descuidar a nosa formación espiritual porque a ciencia tampoco dá resposta a todo.
Necesitamos algo máis que dea sentido á vida: a transcendencia.
REFLEXIONAR
Trátase de aproveitar mellor os recursos que temos e ser felices co que nos dá a vida.
Cómpre pasar unha certa necesidade de vez en cando, aínda que só sexa para imaxinar o mal que o pasa unha boa parte da poboación mundial.
Esto a tódalas idades:
As criatuas deben saber que hai moitas que non teñen nin alimentos, nin auga, nin xoguetes, nin escolas...
Os adultos vemos tódolos días persoas necesitadas que non teñn un teito, non teñen documentación, no teñen quen as queira...
VALORAR E AGRADECER
Cómpre valorar o que temos: saúde, familia, vivienda, cultura, paz...
Cómpre recoñecer que estes beneficios son froito da suor de todos os que traballamos para construír un mundo algo mellor.
PENSANDO NO FUTURO
Cómpre saber que non hai pouco que non chegue nin moito que non se gaste.
Cómpre saber que a célula fundamental da sociedade é a familia.
Cómpren familias estables e duradeiras que sexan o sostén das xeración siguientes.
Cómpre construír sobre as bases que nos deixaron os devanceiros para seguir evolucionando con normalidade.
Cómpre actuar con "sentidiño" como dicimos os galegos para levar o noso futuro con dignidade.
Cómpre mellorar un pouquiño para saber amañarnos con que a vida nos dá sen facer excesos como os que estamos vendo.
Os excesos, non caen en saco roto.
"OS EXCESOS, PÁGANSE"
Este será o título do seguinte artigo.
Moitas grazas por terme na súa consideración nesta ocasión.
Cachaza Platas, Mercedes
Cachaza Platas, Mercedes


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICIDAD
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES