Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Aniversarios

jueves, 21 de mayo de 2009
Na nosa diocese de Mondoñedo-Ferrol estamos celebrando este ano varios aniversarios. Os dos sacerdotes que cada ano teñen lugar en torno ao 10 de maio, con motivo da festa de San Xoán de Ávila, que é o patrón do clero secular ou diocesano. Nesta ocasión houbo vodas de “diamante”: as dos sacerdotes que levan nada menos que 60 anos exercendo o ministerio; houbo tamén vodas de “ouro”, os que levan 50 anos; e os de 25 anos de exercicio, que son os das vodas de “prata”.

É curioso que a idade dos homenaxeados corresponda máis ou menos á pirámide de idade do noso clero. Efectivamente, contamos con un clero de máis de oitenta anos, que por lei de vida son os menos e están prácticamente xubilados, pero aínda non de todo “retirados” do seu exercicio ministerial: este grupo estaría representado polos tres sacerdotes das vodas de “diamante”. O grupo dos das vodas de “ouro” foi o máis numeroso: nove sacerdotes en torno aos setenta e cinco anos de idade e case todos en pleno exercicio. E finalmente os das vodas de “prata”: só dous, un diocesano e un relixioso, que aos seus cincuenta anos están en pleno exercicio ministerial.

Foi un día de xúbilo, de felicitación e de acción de grazas, pero tamén un motivo para pensar no presente e no futuro da nosa Igrexa. Se a presenza e o servizo dos sacerdotes nas parroquias é imprescindible como responsables e animadores das comunidades cristiás, é para preguntarse: como podemos afrontar o futuro máis inmediato cunha media de idade tan alta no noso clero?; como podemos chegar aos máis novos con un clero tan maior?; como evanxelizar esta sociedade e esta cultura que nos toca vivir?... A saída non é nada fácil.

Creo que os camiños de futuro de todos os que somos e nos sentimos Igrexa pasan, en primeiro lugar, pola oración: as vocacións na Igrexa -como a fe-, máis que un logro noso, son un don de Deus que hai que desexar, pedir e acoller; tamén é necesaria a reflexión e preguntarnos: que hai que facer?, que servizos podo prestar?, cal é a miña disponibilidade?, como poderíamos facer máis rendible o noso servizo ás comunidades?; e por suposto a invitación explícita ao seguimento de Xesucristo no ministerio sacerdotal, sen medo a que a nosa invitación sexa rexeitada, pero con convencemento, pois é un camiño de realización persoal capaz de encher e dar sentido a toda unha vida; e tamén acompañando as posibles vocacións, xa desde a familia pasando polo colexio e a iniciación cristiá na catequese parroquial.

Outro aniversario no que estamos inmersos é o dos cincuenta anos da denominación da nosa diocese como “Mondoñedo-Ferrol” e a conseguinte elevación do templo de san Xiao de Ferrol, de finais do século XVIII, a Concatedral. Foi aló polo ano 1959, tempos pre-conciliares, cando se lle concedeu esta prerrogativa a Ferrol, cidade “departamental” e “naval” en pleno auxe, grazas á xestión dun bispo con iniciativa, don Xacinto Argaya, e á concesión dun “papa bo”, Xoán XXIII, hoxe venerado como beato pola Igrexa. Eran outros tempos, con máis vocacións e respostas masivas por parte da xente a calquera convocatoria feita desde a Igrexa.

Non imos ollar para atrás para añorar o pasado. Só temos que mirar para atrás para aprender dos outros, ser agradecidos á herdanza recibida e, desde aí, ir adiviñando os camiños que, no noso caso, como Igrexa diocesana temos que ir abrindo e recorrendo nestes comezos so século XXI.

Rodríguez Basanta, Antonio
Rodríguez Basanta, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES