Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Prensa en declive

jueves, 21 de mayo de 2009
Cada quen fai públicas as cifras que estima máis oportunas, buscando quen as respalde de maneira que se vaia mantendo o tipo. Pero xeralmente o que ocorre é que a prensa escrita está nun lento declive derivado do seu custo, da proliferación doutro tipo de medios que pudiéramos considerar máis áxiles, e sobre todo pola aparición de Internet, que é un mundo aparte, dixital, que cada vez inflúe máis no mundo real.

Se tomamos a marcha da economía e dos medios de difusión nos Estados Unidos como anticipo ou preludio do que vai pasar en Europa e, finalmente, nas nosas áreas máis directas, o tema é para preocuparse.

Desde que apareceu a Rede, a venda dos xornais pasou de sesenta e dous a corenta e nove millóns, cen xornais deixaron de imprimirse en papel e arredor de quince mil persoas perderon os seus traballos no mundo da comunicación só o ano pasado.

Máis preto de nós, mesmo en España, Unidad Editorial -que publica El Mundo, Expansión e Marca- ven de acordar o despido de 180 traballadores, o nove por cento da plantilla, e recortar salarios ós restantes.

E mentras tanto, non deixa de medrar o interese pola información, a atención ós máis diversos temas especialmente os de tipo local e inmediato. Estamos nunha etapa de asentamento onde os medios escritos, cunha fórmula que leva dous séculos de funcionamento, aínda son os máis poderosos e asentados na sociedade pero rexistran perigosos sinais de que os tempos mudan a unha velocidade imposible de controlar.

O declive da prensa escrita pode durar moito tempo. Como moito tempo pode falar para que a prensa electrónica acade a preponderancia social que está chamada a ter. Pero o camiño está claro e a marcha é imparable.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES