¿Dónde estará a liberdade?
Cachaza Platas, Mercedes - jueves, 19 de septiembre de 2024
Desde idades moi temperás todos queremos ser libres.
Se observamos un bebé de poucos meses, vemos que xa fai todo o posible por remexerxe no berce con intención de saír a coñecer
mundo...
Na etapa adolescente prodúcese un "reventón" que quere saír coa súa rebelándose ós proxenitores, ó profesorado e á vida mesma.
Pero ó longo de toda a vida seguimos buscando...
Buscamos como satisfacer as nosas necesidades físicas, mentais e espirituais.
A veces manifestamos a nosa rebeldía na vida de familia e outras na vida laboral ou na vida social, ou en todas a un tempo.
Dános a impresión de sentirnos presionados polo poder, pola política, pola relixión, pola vida, por todo...
Realmente a alma humana busca a liberdade, precisamente porque NACEMOS PARA SER LIBRES.
Pero...
¿QUÉ SIGNIFICA ACTUAR CON LIBERDADE?
-¿Facer o que un queira, cando queira e como queira?
Alguhas persoas pensan que si e por eso:
-Hai rapacería que abandoa os estudios porque non lle gusta estudiar ou porque o profesorado lle cae pesado.
-Hai persoas que só pensan nos seu proveito que é o que máis satisfacción lles produce.
-Hai persoas que non gardan as normas morais nin as outras porque lles poñen límites á súa maneira de pensar e de actuar.
-Hai persoas que abandoan os deberes familiares porque non se queren ver "atadas ás responsabilidades propias do fogar".
-Hai persoas que abusan do poder porque mandan moito e poden manexar ós inferiores con certa facilidade.
-Hai persoas que faltan ó respecto porque soamente ven os seus dereitos.
SER LIBRE É ALGO BEN DIFERENTE, MOI DIFERENTE:
-A RAPACERÍA É LIBRE para elixir aquela rama dos estudios que mellor se acomode á súa capacidade intelectual e ás súas circunstancias económicas e familiares; pero non para abandoar os estudios cando lle pareza.
Ten nas súas mans o poder da vida e os talentos necesarios para que poida prepararse para ocupar un lugar honesto na sociedade.
Non importa que sexa un posto máis alto ou máis baixo.
O que importa é que se sinta feliz facendo o que fai e que se gañe a vida honradamente.
-SER LIBRE É PENSAR NOS DEMAIS COMO NUN MESMO
renunciando ó egoísmo e ó egocentrismo, porque os demais tamén existen e tamén teñen os seus dereitos, que empezan xustamente onde acaban os nosos.
-SER LIBRE SIGNIFICA SABER ELIXIR DENTRO DO QUE É BO PARA TODOS.
Dentro do que nos convén a todos, hai un amplo abano de posibilidades que nos ofrece a vida para que poidamos madurar a
nosa personalidade e sentirnos persoalmente realizados, amados e respectados polos outros.
-SER LIBRE CON RELACIÓN Á VIDA DE FAMILIA significa elixir dentro das mellores opcións para o benestar das persoas que forman
a unidade familiar.
As mellores opcións para as persoas maiores, a mellor educación para as criaturas, a alimenación máis saudable, os mellores
momentos para a vida en común, os mellores mometos de ocio...
-SER LIBRES DESDE OS POSTOS DE PODER significa vocación de servicio para aplicar normas que favorezan o desenrolo de tódalas
capas sociais.
-SER LIBRE É FACER O QUE SE DEBE para satisfacer as necesidades persoais sen perxudicar ós demais.
SER LIBRE ESTÁ Ó ALCANCE DE TODOS.
Trátase de saber buscar o lugar que nos correponde ocupar na vida de familia, na vida laboral e na vida social.
Para buscar o noso lugar non debemos compararnos con nadie porque cada persoa é única e irrepetible.
Basta con desenrolar as nosas capacidades e aplicalas á vida.
PERO NON É NADA DOADO:
Hai persoas que non teñen capacidade intelectual para según que ramas do saber.
Hai persoas que non teñen capacidade económica para acceder a según que postos.
Hai persoas socialmente moi ben situadas que collen postos que non lles corresponden.
Hai de todo.
Nós non somos perfectos.
O mundo non é perfecto.
Pero temos que amañarnos co que hai.
"AMAÑARNOS CO QUE HAI"
Este será o título do seguinte artigo.
Moitas grazas por terme na súa consideración nesta ocasión.

Cachaza Platas, Mercedes
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora