Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Facenda seguimos a ser todos

miércoles, 20 de mayo de 2009
Nun momento de crise, todos volvemos a mirada ás institucións públicos agardando que delas veñan decisións e axudas; decisións que permitan dar vida de novo a unha economía mortecina, e axudas para os sectores de interese que poden axudar a vigorizar unha situación de esmorecemento.

Esto baséase na teoría -moito máis que un slogan- que indica que Facenda somos todos. Nunca como agora esto ven ser verdade, porque se todos temos algún tipo de problema económico, en conxunto Facenda tamén o ten.

En Galicia, a Facenda pública experimentou no primeiro trimestre deste ano un descenso de case o vinte por cento dos ingresos en relación co mesmo periodo do ano anterior. Que se se ingresaron 1.341 millóns de euros, foron 334 menos que en 2008. Que a baixada máis importante sexa a do Imposto do valor engadido (Ive), que grava as transaccións comerciais, e o Imposto de persoas físicas (IRPF) que grava as rendas do traballo é moi clarificador da situación que se vive.

Estamos nunha dinámica de evolución negativa que funciona coma as engranaxes dun reloxio: comeza pola realidade de cada día, e esa realidade de parón desilusionado transmítese pouco a pouco ás rendas, ós postos de traballo, e agora ás contribucións á Facenda pública, que é a encargada de facer a distribución entre as grandes necesidades da colectividade.

Hai que actuar nalgún lugar da cadea. Pero a actuación sen dúbida ten que ser pública, e se as rendas públicas sufren tan gran minoración, cada vez as institucións van ter menos posibilidades de actuar nunha cadea de relacións na que o que falla son os impulsos mais ca as transaccións; a moral máis ca o material.

Facenda seguimos a ser todos. Pero cada vez con menos forza.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES