Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Menciñeiros, capadores e albeites. Vacas, feiras, tratantes e moinantes (43)

viernes, 27 de septiembre de 2024
O 'Gafo' de Bóveda

Despois de pasarme isto co Gafo de Bóveda, fun un certo día á feira de Chantada, que Menciñeiros, capadores e albeites. Vacas, feiras, tratantes e moinantes (43)cae os días 5 e 21 de todos os meses do ano e acórdome ben, era un día 21 e pasaran varios anos do ocorrido coa vaca da gota. Estando nesta feira e intentando mercar unha vaca a un señor, cando paseei a vaca xa para rematar o trato, vin ao Gafo mirando moito para nós e mantendo unha certa distancia.
Voume eu e díxenlle ao home que ma vendía:
- E a vaca non será daquel que está mirando para nós?
Ao principio negoumo, pero outro home que estaba á súa beira e que me coñecía a min, díxolle:
- Dille a verdade que senón dígolla eu.
E contestoume o que ma vendía:
- Si, é certo, é daquel que ma deu para vender.
Eu xa lle dixera ao home que estaba vendida porque a mirara e non lle atopara nada, mais ao dicirme que era daquel home, do Gafo, e que lla dera para vender.
A vaca era teixa, grande, preñada duns sete meses. Pero como o home era un tramposo e eu xa o coñecía porque me vendera unha vaca da gota e non ma quería recoller, díxenlle, pois xa non lla levo, se é daquel home. Ata sempre, e marcheime.

Texto: Xosé Otero Canto
Ilustracións: María Guerrero
Otero Canto, Xosé
Otero Canto, Xosé


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES