Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

O amor é unha piña

Santalla, Iago - miércoles, 18 de septiembre de 2024
Non deixa de ser irónico que, para o seu plan de marketing, Mercadona elixira o amor e unha piña como ferramenta. A cousa dá risa pero a verdade é que vaise estendendo como a pólvora por outras áreas comerciais que, igual, se converten en circuítos de ligoteo (parece que o amor tamén se vai a converter nun medio de lucro capitalista). Antes había "rutas do amor" que eran zonas rurais apartadas onde o amor empezaba a medrar en segredo, agarimado por monte e natureza. Incluso, chegou a haber un páxina web a nivel galego que informaba destas zonas.

Agora, a cousa convértese en negocio e xorde a idea de ligar en supermercados a horas concretas e cunha linguaxe moi sutil. Todo empezou cunha piña de 19h a 20h no Mercadona. A partir de aí, vaise formando todo un código para que se atopen as almas xemelgas: por exemplo, quen leva produtos perecedoiros busca unha relación esporádica e quen se vai ás conservas, busca algo a longo prazo.

O conto está ben e a quen lle funcione que o desfrute moito. Agora ben, que non se perda o aire de festa e o feito de gozar dunha noite de baile, sorrisos e o que, pouco a pouco, vaia xurdindo...Tamén é xusto recoñecer que como plan de marketing é unha idea orixinal e, ademais, parece que funciona...
Santalla, Iago
Santalla, Iago


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICIDAD
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES