Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

O 8, en Outeiro

Xiz, Xulio - lunes, 16 de septiembre de 2024
O 8 cumpríronse vinte anos do seu pasamento, polo que de novo convocados por Xermolos e a Irmandade Manuel María, os amigos volvemos a Outeiro de Rei para honralo onde repousa. Levamos dezanove visitas, sempre o mesmo día, co mesmo programa: xantar en comunidade, lectura poética nas Penas de Rodas, nova lectura e ofrenda floral no cemiterio, e entrega de “A navalla do Manuel” na Campa da Santa Isabel a persoas coas que o noso escritor comulgaría.

O acto do cemiterio faise diante, no adro, que hai tempo nos chegou a queixa das xentes de Outeiro porque ao ser moi estreito o paso entre as tumbas podía non respectarse axeitadamente a memoria dos que alí repousan, e só se accede ao sepulcro do poeta da Chaira de un en un dos que levan "Unha rosa a Outeiro".

Recibiron este ano a navalla Luis Fernández Guitián, Alcalde de Sober, profesor, músico, escritor e gran amigo do Manuel; e a título póstumo María Xosé Neira Maseda, activista sociocultural, falecida recentemente.

Esta xornada é unha comuñón laica nas especies de pan e queixo do país e viño da Ribeira Sacra, repartido aos presentes, todos amigos do Manuel e entre sí, que a devoción común fai común a amizade. E o rito da entrega das navallas entra nidiamente na memoria que se garda do Manuel (e de Saleta, a súa dona) porque para el non había coitelos senon navallas, que valían especialmente para cortar e compartir o pan na mesa... ou para facer un caxato para apoiarse no camiñar...

Cada oito de setembro, nin chamada faría falla: Vémonos en Outeiro de Rei, como amigos vellos que se xuntan para lembrar ao irmán maior que nos ensinou a coñecer e querer unha terra, un pobo e unha fala.
Xiz, Xulio
Xiz, Xulio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICIDAD
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES