Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

A cidade da cultura

martes, 19 de mayo de 2009
A ninguén deixa indiferente. Pode contemplarse, desde unha perspectiva optimista, como unha construcción senlleira que, independentemente das funcións que preste ou os servizos que albergue, será un monumento en si mesma e constituirá para Galicia un esencial punto de referencia para o presente século como o constitúen para a perspectiva histórica a Catedral de Santiago, a Muralla romana de Lugo ou a coruñesa Torre de Hércules.

Para a corrente pesimista, que a hai e numerosa, é un monumento faraónico onde se enterraron millóns de euros e moitos máis hai que investir antes de que poida entrar en funcionamento.

Responsabilidade inicial do goberno de Manuel Fraga, evolucionou erráticamente durante o goberno bipartito, e chega agora -de novo, baixo o goberno popular- ó que se agarda sexa a definitiva etapa de consolidación e aplicación práctica, se ben o Conselleiro de Cultura xa expresou a súa opinión de que quizas haxa que ralentizar a súa construcción durante un tempo, mentras se informa ós galegos dos motivos e da marcha dun proxecto multimillonario ó que hai que buscar axeitado acomodo, e ó que para querelo hai que coñecelo primeiro.

Todas as grandes obras nacen tinguidas de polémica, máis cando os custos son tan elevados. Pero cando chegue a entrar en funcionamento, os detractores hanse olvidar dos custos e anotaranse entusiasmados na nómina dos partidarios, aceptando como un ben colectivo para Galicia e os galegos a macroinstalación cultural.

En tanto, aí a temos, proxecto inacabado ó que o novo goberno terá que buscarlle fundamento, utilidade e financiación. A tarefa é complicada pero necesaria xa que o que non se pode é deixar esmorecer unha infraestructura na que se leva investido tanto esforzo, tantos millóns de euros, e que cando estea rematada vai ser reclamada por todos como idea magnífica e útil.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES