Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo

Rivas Delgado, Antonio - jueves, 12 de septiembre de 2024
Máis que preocupado

Como levaba tempo sen pasar polo meu ex lugar de traballo, collín o coche e para Maceda marchei. Polo camiño escoitei, primeiro, as noticias e, despois, xa puxen música variada. Cando cheguei, nun cruce, tiven un pouco de barullo con dous coches; un arrimouse demasiado para o lado esquerdo (para min, que non sabía moi ben por onde andaba ou ía pendente dalgún oco para aparcar) e o outro vin como quería Pingas de Orballometerse entre aquel e o meu. Non lle dei opción; crucéilleme un pouco e fun eu o que ganou a posición para entrar primeiro na pequena praza na que aparcaría.
Collín unha cadeira, unha cadeira normal e corrente, e aparqueina de cara, ou sexa, co respaldo contra a parede dunha casa e en posición de poder saír, logo, ben e rápido. Ós dous pasos revolvinme e vin que a cadeira, aínda sen estorbar, quedaba moi cerca dunha vella porta que se notaba que levaba anos sen abrirse. Porén, e habendo sitio, volvín sobre as miñas pisadas e aparquei aínda mellor o carallo da cadeira.
Marchei para o ex lugar de traballo e ó querer pechar o coche vin que non tiña as chaves e que non sabía onde deixara o vehículo. Na praza ben vin que nada de nada. Subín ó Toural, por se aparcara por alí, e tampouco. Atopeime cun veciño de Nocelo ó que levaba anos sen ver. Expliqueille o caso e incluso fixemos bromas sobre o alzhéimer, aínda que eu estaba máis que preocupado: acababa de deixar o coche e non sabía onde! Díxenlle ó veciño que marchaba a mirar na estrada que vai a Ourense, por se o deixara por alí. Foi xusto nese momento cando espertei. Puto soño! Conteino porque me fixo graza o de aparcar a cadeira, coma se fose o coche.

O Anticristo

Teño ganas de pelexa, de guerra, de armar un desencravo. O narrador non me deixa. Dime que tranquiliño, que todo chegará, pero intúo que nunca alcanzarei esa éxtase. A éxtase debe ser a de alcanzar o clímax, o cume do mal. A miña mente tira para o mal, para a maldade... Puto narrador!
Chámome Inocencio Suárez Betán e son, precisamente de Betán, unha aldea de Baños de Molgas. Perdón, chámame así o narrador, que é o que me está inventando. A min, é certo, que me fai ilusión falar en primeira persoa. E, Pingas de Orballoaquí, o narrador déixame facer. Deixa que marque eu o ritmo pero sen desviarme do camiño. O paspán nin tan sequera me deixa choutar un valado.
O outro día entrei na palleira coa intención de botar man do fouciño para cortar cabezas pola aldea e por toda a contorna; axiña me obrigou a xunguir as dúas vacas que teño, apoñelas ó carro e marchar por unha carrada de toxos. Obrigoume a deixar o fouciño na casa. Que xa me chegara ben sacalo o día anterior para rozar os arbustos espiñentos citados. Ese día semella que non tiña ganas de pelexa, de armala. O narrador ben que o sabía; de aí que me deixara ir.
Mais hoxe, non sei por que, noto como algo me sobe polas asaduras, polas entrañas que me encabuxa, que me emperrencha e teño ganas de ser o anticristo co que me chaman. Si, o maldito narrador, como lle gusta inventar alcumes, como sabe que na nosa terra todos temos sobrenomes, tamén me bautizou como O Anticristo. Imaxino que xa intuía que, eu, non era nin sería trigo limpo ou xema de ovo. O narrador, ás veces, é listo. Non sempre, a verdade. E non conto máis porque non me deixa contar. Si, definitivamente, é listo.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICIDAD
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES