50 Certames Literarios en Vilalba
Xiz, Xulio - miércoles, 11 de septiembre de 2024
Na misión imposible de resumir con certo xeito os cincuenta certames literarios de Vilalba, non quero ser inxusto -ninguén quedará sin mencionar-, pero máis parecerei un contable que un xurado con medio século de experiencias na alma.
Centrareime nos mantedores, á vez pregoeiros das festas; nos membros do Xurado, e nos premiados neste meritorio Certame, que honra a Vilalba e aos seus sucesivos gobernos municipais, ás letras deste país, e á nosa historia. E falo de cincuenta edicións, cando moito se podería falar do "Certame Literario de la Tierra Llana" que desde 1964 a 1973 tivo corazón vilalbés. E ollando máis atrás, aos precursores, con nomes como Antonio García Hermida, Xosé María Chao Ledo, Xosé Luis García Mato ou Carmiña Prieto Rouco. Pero para facer un mínimo resume de medio século de poesía en Vilalba, menciono tan só cifras e nomes.
Mantedores e pregoeiros tivemos un total de 49: 42 homes e 7 mulleres. 31 son vilalbeses de residencia, ascendencia ou traballo; 3, chairegos; 7 do resto da provincia; 6 do resto de Galicia e 2 do resto de España. Hai un caso no que tres son da mesma familia: Pablo Pena de Olano (tamén xurado do Certame), Carmen Pena (tamén Raíña das Festas) e Xosé María Pena.
Nunha imposible clasificación exacta por profesións, atendendo á súa máis ostensible actividade, digamos que 9 son escritores: Manuel María, Filgueira, Palomino, Reigosa, Barrio, Olano, Novo Cazón, María Reimóndez e Miguel Barrera.
7 xornalistas: Blanco Campaña, Ónega, Palmeiro, Hermida Mejuto, Blanca Montenegro, Marta Gesto e Xulio Xiz.
7 funcionarios, avogados, notarios, xuíces: José Roán, Fraga Carreira, Pena de Olano, Eugenio Basanta, Ramón Eimil, José María Pena e Elías López Paz.
6 políticos: Robles Piquer, Fraga, Albor, Ana Chao, Celso Currás e García Leira. Hoxe fai 40 anos do pregón de Fraga.
4 médicos e investigadores: Emilio Bouza, David Filgueiras, Alejandro Criado e Alberto García-Basteiro.
3 profesores: Carmen Pena, Xosé Luis Regueira e Antón Baamonde.
2 académicos: Darío Villanueva e Ramón Villares; 2 arqueólogos: Acuña Castroviejo e José Ramil; 2 avogados: Enrique Santín e Domingo Goás; 2 nomes do deporte: Lendoiro e Marta Felpeto. E cadansúa figura do galeguismo (Sixto Seco), da Igrexa (Rouco Varela), da banca (Eduardo Baamonde), da saúde (Beni Martínez) ou da astronomía (Manuel M. Carreira)
En canto aos Xurados fomos un total de 51 membros: 35 Homes e 16 mulleres: Deles, 4 homes e 7 mulleres representando ao Concello).
Darío Villanueva e Fidel Fernán foron en 21 ocasións membros do xurado; Bernardo García Cendán, 19; Carmiña Cacharrón,18; Ramon Villares, 15 e Felix Villares, 13. Celestino Fernández de la Vega, 4; Trapero Pardo, e Pombo Mosquera, 3, Carmiña Prieto Rouco,2 e Ramón Louzao,2.
Nunha ocasión foron membros: Daniel Varela, Tuñas Bouzón, Arcadio L. Casanova, Carmen Regueiro, Ánxel Fole, Bocelo, Marcial G.Vigo, Gerino Nuñez, Juan Soto, Carmen Mallo, Severino López, José Vidal, José Vázquez, Pena de Olano, Araceli Herrero, José Lopez Garcia, Aniceto Codesal, Eulogio Rouco Lamela, Mar Ramil, Agustín Fdez. Paz e Cecilia Fdez. Santomé.
Representaron ao Concello, Loli Soto en 4 ocasións; García Leira,2; Cancio, 5; Mª José García, 8; Juan M. Teijeiro,3; Ana Chao Villarino, 4; José Antonio Pita,3; Chery Grandío, 1; Gª Leira-Boado, 12; Elba Veleiro,3; Vanessa Siso, 1; Tamara Rodríguez,2. E como funcionaria do Concello, Sonia García Paredes, 6.
Como representantes doutras institucións, Antonio Calvo, nunha ocasión; Xoan Xosé Molina, 3; Ramos Ledo,2, Rodríguez Andina, 4 e Carmen Gueimunde, 2.
Polo que a min respecta, e por eso teño especial devoción a Vilalba, a Loli Soto, que me chamou a primeira vez, e aos que no Concello gobernaron este tema, levo como Xurado 49 certames todos agás o ano1998, que o meu cometido foi o de pregoeiro.
E por fin, os verdadeiros protagonistas, os Premiados.
De 1975 a 1993 houbo diversas categorías de premios dos que só menciono á poesía en galego; de 1994 a 2003, poesía en galego e narrativa, e desde 2004, prémianse libros de poesía.
No Certame de Vilalba houbo, primeiros ou segundos premios, 80 premiados en poesía en galego. Darío Xohán Cabana, foino en 9 ocasións, seguíndoo con 5 premios Fiz Vergara Vilariño, Marica Campo, Pablo Bouza e Xosé Otero Canto. En 3 ocasións, Manuel Xosé Neira, e en 2, Helena Villar, Xoan Neira, María Goretti Fariña e Xavier Lama.
Nunha ocasión, foron premiados Xavier Rodríguez Barrio (1º), Rábade Paredes, Manuel Rodríguez López, Riveiro Loureiro, Jimenez Asenjo, M.ª Isabel Veiga, Vicente Piñeiro, Cristina Ferreiro, Bernardino Graña, Isabel Vázquez, Carlos López, Modesto Fraga, Emma Pedreira, Paulino Pereira, Rafael Catoira, Carlos Pereira, Piñeiro Cochón, Ramón Pernas, Vidal Moreno, Marcial González Vigo, M.A. Fernán Vello, Alexandre Lago, Xerardo Quintiá, Lastra Muruais, Sue Caamaño, Xurxo Alonso e Andrea Fernández Maneiro, neste 2024.
E mención especial merecen os poetas vilalbeses premiados, que en 3 ocasións foron María Xosé Lamas, Martiño Maseda e Mero Iglesias Dobarrio; e en 1 ocasión, Francisco Roca Constenla, Uxío García Amor e, en 2019, o noso pregoeiro 2024 Xosé Miguel Barrera.
A todos, admiración e recoñecemento. E ao noso Certame Literario, as mil primaveras enunciadas por Álvaro Cunqueiro.
(Xulio Xiz é, desde 1975, membro do Certame Literario do Concello de Vilalba que ven de celebrar a 50ª edición).

Xiz, Xulio