Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

As gratuitas son as mellores

Cachaza Platas, Mercedes - jueves, 12 de septiembre de 2024
Nos tempos materialistas e consumistas que nos toca vivir, todo ten un prezo económico por eso nos fan tanta falta os cartiños.
A verdade é que non se pode saír da casa sen cartos no peto, na carteira, no móbil ou na tarxeta da entidade bancaria correspondente.
¿NON EXISTE NADA GRATUITO?
Claro que si, as cousas gratuitas tamén existen e non por eso deixan de ser moi importantes.
O PRIMEIRO E MÁIS IMPORTANTE das cousas gratuitas é A PROPIA VIDA que se nos regala para que poidamos disfrutala e agradecela.
A vida é un regalo que deberíamos protexer, mimar e agadecer.
Pero hai moito máis:
-O CARIÑO DERROCHADO POLOS PROXENITORES que fan todo o posible para que o froito das súas entrañas goce plenamente del.
A veces ese cariño é tanto, tanto... que botan a perder o froito das súas entrañas porque lles consinten o que no deben.
-O CARIÑO DOS AVÓS é incalculable porque os avós son pais dúas veces. Por eso hai veces que os avós consinten moito ós netos; pero tamén din que os que teñen que educar os fillos son os pais.
-O CARIÑO DOS ESPOSOS que con moito amor regan tódolos días a súa vida matrimonial e a maiorá fano ó longo de toda a vida.
-O CARIÑO DOS AMIGOS que están pendientes e dispostos a botar unha man nas duras e nas maduras.
-A AMABILIDADE que favorece as boas relacións entre todo tipo de persoas.
-A CORTESÍA xa que permite ser cortés e máis valente ó mesmo tempo. Unha persoa cortés sabe conservar a formas e queda moi ben.
-A PRUDENCIA que noutros tempos dicíase que era a nai da ciencia. As persoas prudentes miden moito o que deben decir así como o que deben facer.
-O RESPECTO tan necesario nos tempos que reinan diferenzas de todo tipo.
E darse a respectar tamén é moi necesario para non deixarse asoballar.
-A FIDELIDADE é un valor fundamental que infunde suma confianza
na persoa fiel.
-A LEALDADE na amistade, un amigo leal, non ten prezo.
É unha bendición disfrutar daquelas persoas que, aínda que non se vexan a miúdo, sabes que non cambian porque son leais.
-A HONRADEZ que salva moitos negocios.
-A HONESTIDADE que viste de beleza as persoas.
-A CARIDADE que é a raíña de tódalas virtudes.
-O AMOR que non pasa nunca...
E QUE DECIR:
-Da nosa respiración automática que nos mantén vivos toda a vida.
-Do proceso dixestivo que fai unha sabia selección do que serve e do que non serve.
-Da circulación sanguínea que alimenta ata os recuncho máis pequeno do noso complexísimo organismo.
-Da nosa pel que nos protexe do medio ambiente durante toda a vida.
-Do noso esqueleto, dos nosos músculos, dos nosos órganos tan sabiamente diseñados.
-Das nosas capacidades cognitivas que dirixen sabiamente toda a nosa vida intelectual.
-Do osíxeno que respiramos que é como un soplo divino do que nos beneficiamos tódolos seres vivos.
-Do astro rei que nos dá luz, calor e vida tódolos días ocultándose de noite para que poidamos dormir placidamente e reparar forzas.
-Da auga da choiva, das fontes, dos ríos, dos lagos e dos mares que é fonte de vida para tódolos seres vivos.
-De tódalas riquezas da nai natureza que están aí dese que o mundo é mundo.
-Da saúde física, mental e espiritual que nos produce tanta felicidade.
-Da bondade que levamos no corazón, aínda que algunhas veces non fagamos uso dela.
-Da nosa fala tan importante para a comunicación.
-Da gracia de Deus que a través do seu Espírito divino ilumina as conciencais para obrar o ben, facer un mundo feliz e guiarnos á eternidade.
SEGURAMENTE SERÁ TANTO O QUE RECIBIMOS GRATUITAMENTE QUE NIN SIQUIERA SOMOS CONSCIENTES.
Non somos conscientes porque o disfrutamos como algo natural porque nos vén dado co propio paquete da vida.
Non somos conscientes porque é tanto o materialismo que nos envolve, andamos tan afanados por satisfacer tódalas nosas necesidades materiais que, a veces, volvémonos escravos das mesmas.
Aínda que pareza mentira, somos máis escravos do que pensamos
Todos queremos ser libres; pero moitas veces non logramos encontrar a liberdade.
¿Será porque non a sabemos buscar?
¿Donde pensamos que se encontra a liberdade?
"¿DÓNDE ESTARÁ A LIBERDADE?"
Este será o título do seguinte artigo.
Moitas grazas por terme na súa consideración nesta ocasión.
Cachaza Platas, Mercedes
Cachaza Platas, Mercedes


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICIDAD
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES