Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pregón das Festas da Piringalla, 2009

viernes, 15 de mayo de 2009
Un saúdo cordial para as autoridades (nomeadamente a...) a Comisión de Festas e ¡gracias! por estaren aquí:
As funcións do pregoeiro xa están deseñadas dende ben antigo. Esta palabra ven de praeco do latín tardío, Os praecos -do campo semántico de predicar- tiñan tres funcións básicas:
1. Anunciar algo que ía acontecer
2. Preconizar e dar as razóns das celebracións
3. Subliñar aspectos que se consideran de interese ou acaídos co tempo e lugar da conmemoración
Había unha cuarta función que non é do caso
4. Vender bens
I.- Anunciar as festas. Isto xa está feito no PROGRAMA que a magnífica COMISIÓN xa ten editado: Felicidades polo esforzo, e gracias polos actos programados. Unicamente resaltar que cada un dos días ten o seu acto público programado, polo tanto, son catro días de contido festivo e deportivo. Debemos sinalar que isto tamén é un éxito do calendario festivo: ofrecer deporte é festa. Se tivera que “pregoar” seleccionando un acto e un tempo desta festa elixiría a a solta de globos en símbolo de PAZ, e recordaría que o domingo é o DÍA DAS LETRAS dedicado a un lucense: D. Ramón Piñeiro. Foi un buscador de paz, e -en especial- da convivencia lingüística.
II.- Feito o primeiro dos encargos do pregoeiro, pasamos ao segundo cometido que é dar razón da celebración:
Podería pensarse, e mesmo dicirse, que neste tempo de dificultades económicas “non pega”, non parece oportuno, andar con festas. Creo que este pensamento deberíamos rexeitalo en razón da mesma filosofía da festa. Psicoloxicamente a unha celebración van sempre unidos recordos, estes recordos producen añoranza de algo e, sobre todo de alguén que xa non está, por tanto, sempre teriamos algún motivo para aprazar as celebracións festivas; sen ir máis lonxe, no saúdo do Sr. Presidente da Comisión de Festas fai referencia ao pasamento de José Antonio Redondo, mesmo poderíamos agora ter un recordo paras as mozas do club Emevé Pero na mesma filosofía festeira podemos dicir que dános a oportunidade de encontrármonos, de xuntarnos. A filosofía personalista insiste que a nosa personalidade faise, desenvólvese, enriquécese no encontro cos semellantes e, especialmente coas amizades. Na comunidade (na común unión) pode estar a forza que buscamos, as oportunidades, as ideas para non perderlle a cara os problemas. Moitas persoas deste barrio teñen pasado polas aulas do Instituto Anxel Fole e o profesorado sabe, eu sei, do vosa valía, das vosas iniciativas que, a veces, soamente precisan dunha ocasión dun encontro para manifestarse.
III.- É necesario tamén subliñar, resaltar que somos dun barrio “en marcha”, ¡canto ten cambiado esto! Xa non me refiro o antigo “Campo de Fútbol” daquel Club deportivo Lugo que por aquí se situaba; senón ao crecemento urbanístico que aquí se ten producido; pero quedan as raíces do que foi este barrio. Moitos vemos á PIRINGALLA con dous trazos identificativos: como porta de entrada norte de Lugo e manantial da auga.
Por esta entrada norte recibimos a benvida os viaxeiros da mariña, por aquí éntrase cara ó CORAZÓN da cidade; pero non lle dámos unha benvida de calquera maneira ¡poñemos á súa disposición (nada menos) que todo unha AVENIDA e un CAMIÑO REAL. Desde aquí tense a visión da cidade. Pero, sobre todo, de aquí sae a auga para “darlle vida” á cidade. Paréceme que o noso símbolo é a AUGA. Non debemos esquecer que a auga foi considerada como o primeiro e máis antigo elemento de explicación da vida do universo. NESTE BARRIO ESTÁ A ORIXE DA VIDA. Así foi desde o tempos da cultura castrexa e así continúa a selo. Os achados arqueolóxicos dan testemuño do que estou a dicir. Se estes son os nosos símbolos, non é menos certo que as festas van unidas á figura de San Isidro, de San Cidre. Isto lévanos ao noso pasado máis recente no que tamén eramos zona de traballo agrícola. Precisamente a ese pasado agrícola semella facer referencia o nome de piringalla cuxo significado é a de racimo (acio) que se deixa na vendima por estar verde. Pois ben, o empuxe da vida representada na auga, a apertura da entrada a Lugo e a forza do traballo poden ser elementos do impulso simbólico das festas.

¡Celebremos, pois, CATRO DÍAS DE ENCONTROS en paz!

Regueiro Tenreiro, Manuel
Regueiro Tenreiro, Manuel


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES