Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo

Rivas Delgado, Antonio - martes, 10 de septiembre de 2024
Na busca de vinganza

Levo varias horas detrás dunha avespa. Picoume nunha pálpebra e non vexo un carallo polo ollo esquerdo. Que forma de inchar!
Chámome Inocencio Solainas de Vascongüelos. Un día pregunteille a miña nai de onde procedía tal apelido e non me soubo dar razón. "Vén de non sei onde", así me contestou. Todos os veciños me chaman o Virachaquetas, porque seica son dos que quen a boa árbore se arrima boa sombra o ampara, ou de onde o Pingas de Orballovento soa. Algo semellante. A verdade é que, ou non me explican ben os cousas, ou eu non entendo nada. Que todo pode ser.
Non entendo como levo horas detrás da avespa. Quizais porque si sei aquilo de que "quen as fai, págaas". É dicir, vinganza pura e dura. Ou repentina e clara. Non é tan só porque me inchase a capela do ollo, senón polo que doe. Debeume pillar algo do óso, pola dor inmensa e intensa que estou a padecer.
E levo tempo detrás dela porque, ó non deixarse pillar, a miña estratexia é a de cansala. Ó mellor canso eu antes. Ninguén me explicou o proceder dunha avespa ante situacións límite. Sentirse acosada, perseguida e molestada creo que é unha situación límite.
Como ninguén me di nada, nin de boas maneiras nin de malos xeitos, teño que ser eu o que descubra o proceder da avespa. Por agora, fai de min un pandeiro. Aínda peor, case me fai chorar de impotencia, xa que, a maiores de que non consigo pillala, a pálpebra doe cada vez máis e, con ese ollo, vexo cada vez menos.
Nacín nunha aldea da que, eu mesmo, xa nin recordo o seu nome. Miña nai axiña me dixo: "naciches aquí, vaite para alá". E marchei. Sigo detrás da avespa.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICIDAD
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES