Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Atender ó xogo propio

jueves, 14 de mayo de 2009
Algúns parlamentarios españois non coñecen ou non queren lembrar aquela vella canción infantil que proclamaba “Cada quien que atienda a su juego / y el que no lo quiera atender /orejas de burro le van a poner”.

Porque o papel do Parlamento dun país vivo, democrático, occidental, con problemas acuciantes, non pode ser estudiar a reprobación ou non do Papa de Roma polas súas palabras en relación cos preservativos, pronunciadas o pasado mes de marzo durante unha viaxe por África.

No noso periódico papel pendular entre extremos, procedemos da España católica a ultranza, reserva espiritual de occidente, o país máis cercano á xerarquía de Roma. Por eso pode ser que lles pareza a algúns que hai que demostrar que chegamos ó extremo oposto do pensamento, camiñando nos brazos da liberdade, e para mellor separarnos da Igrexa e a súa tradicional vinculación con esta terra.

Considera Monseñor Carlos Amigo que os deputados que promoven a reprobación forman parte dunha “nova inquisición fundamentalmente laica, agnóstica e malhumorada”, pero o certo é que o Parlamento está para outras cousas máis altas e non para estudiar se o Santo Pai dos cristianos falou de forma impropia dos preservativos e do seu uso.

Nos tempos da España católica a ultranza sería impensable unha acción así, especialmente tendo en conta que estaba absolutamente prohibido pronunciarse en contra dun xefe de estado estranxeiro, quizais para tentar conseguir que fóra non pasase algo semellante en relación co noso.

Pero aínda considerando a liberdade que os deputados e o resto dos representantes populares teñen que ter no exercizo do seu cargo, tamén deben ter en conta a responsabilidade que teñen ó exercelo para evitar caer en astracanadas que poderían derivar en descrédito para a súa función.

Ou sexa, que o “xogo” dos deputados debe ser outro. Ou polo menos os votantes, cando os elixiron, pensaron que debía ser outro. E tardarán en “poñerlles orellas de burro”, pero non maís de tres anos.

Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES