Querendo ou non querendo
miércoles, 04 de septiembre de 2024
Querendo ou non querendo, son maior.
De cativo por selo adoecía
e agora que o son, ai miña naiciña...!
Ponme, amigo, en marcha atrás, por favor!
Paseniño, paseniño, sen dor
augas do meu río baixando ían,
non ben me decatando que á tardiña
murcharía o meu fluír coma flor.
Pensando, repensando, matinaba
se cicais ben razoábel sería
vivir aínda unha nova tempada.
Mais se son verdade as doutas palabras
"nunca segundas partes foron boas",
fai xa na primeira as grandes fazañas!
Cabada Castro, Manuel
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora