Estraño fenómeno no mar (Bioluminiscencia no mar)
Basanta Martínez, Xesús (Xesús do Breogán) - jueves, 19 de septiembre de 2024
Hoxe vouvos a contar unha das historias máis impresionantes que coñecín. Varios días á semana, xúntome para tomar un viño con dous mariñeiros xubilados, aos que lles escoito preciosas historias do mar e da pesca, estes mariñeiros chámanse Elías Goyos e Pepe Lage. Como xa sabedes, os mariñeiros adoitan a xubilarse aos 52 anos, isto quer dicir, que son mariñeiros novos.
Pero para contarvos ben esta historia, debo antes describirvos o que é ou a que lle chaman os mariñeiros "o ardor no mar" ou a "fogueira no mar", un fenómeno natural que poucos coñecen e que eu sendo mozo descubrín sen querer en compañía duns amigos na praia da Rapadoira aquí en Foz. Un fenómeno do que non dábamos crédito.
Explícovos de que vai: Ten que ser noite. Desas noites que non se ve nin a lúa nin as estrelas e o mar está en calma chicha. Vese perfectamente como se o mar ardera ou tivera luz. Esa luz exacta á de neon (flurescentes). Nós sacamos os zapatos e os calcetíns e metémonos na auga na Rapadoira e ao choupar cos mans na auga, observamos que parecía que alumaba. As gotas de auga parecían ás bolas da árbore do Nadal e as ondas do mar tamén parecían estar iluminadas.
Cando o contei na casa, meu pai que foi mariñeiro explicoume que iso era normal, pero que non acontecía sempre porque dependía da lúa e do propio mar. Todo a escuras sen lúa, sen estrelas e o mar calma chicha. O mellor mes, o mes de setembro. Meu pai tamén me contou, que esa luminosidade era pan para os mariñeiros, pois cando non existían nin o "sonar" nin a "sonda", elementos que hoxe detectan o peixe e a súa situación no mar, antigamente para os barcos ver esa luminosidade era saber de fixo onde había peixe, pois o peixe ao moverse no mar, facíalle iluminarse e víase desde moita distancia.
Pero como remexín en internet para saber máis deste fenómeno, vouvos a copiar e pegar o que descubrín.
DI ASÍ:
"No son luces de edificios reflejadas en el mar, ni un fluido tóxico que se ha vertido en el agua... las olas fluorescentes se producen por un motivo totalmente natural: la bioluminiscencia del fitoplancton. Sí, suena muy raro, pero el resultado de la luz blanquiazul en las olas de noche se debe a una propiedad de las algas. Te lo explicamos.
Las olas fluorescentes suelen darse en playas de climas cálidos y tropicales, porque es allí donde más fitoplancton sobrevive. Estos seres vivos son dinoflagelados que tienen la característica de la bioluminiscencia: es decir, emiten luz siempre que reciben un estímulo. En este caso, el destello fluorescente viene porque sienten el choque del agua cuando rompe la ola".
Como xa vos dixen anteriormente, a ese fenómeno os mariñeiros chamábanlle "o ardor no mar" ou "a fogueira no mar" e cando mar a dentro vían ese fenómeno era cando mellor pescaban en tempos en que non tiñan sonar ou sonda, a fogueira delataba o peixe.
Pepe Lage e Elías Goyos, estaban embarcados nun barco de pesca do País Vasco. Andaban unha noite polo Norte do mar Cantábrico, pero este barco xa era dos que dispoñían de sonar para detectar a pesca.
O patrón era galego e parte da tripulación tamén. Elías e Pepe comentábanme que unha noite moi escura, sen luz de lúa e sen estrelas e o mar en calma chicha, viron por primeira vez na súa vida a "o ardor no mar". Comentábanme que se quedaron moi sorprendidos do precioso espectáculo que tal fenómeno lles ofrecía e como tódolos mariñeiros se colocaron a proa para contemplalo.
O curioso era que o patrón nada dicía nin nada facía. Alí subido á ponte do barco e agarrado á roda do temón e sen inmutarse. Os mariñeiros comentáronllo "Manolo, que así se chamaba, non ves alí a fogueira?". O patrón rascou a cabeza e dixo "vexo, vexo", pero notámolo dubidoso. De súpeto o patrón deu orde ao motorista de "avante toda", e así nos diriximos de cara a aquela fogueira.
A fogueira estaba de nós como a trescentos metros, máis ou menos, comentaban Elías e Pepe, pero a nosa sorpresa foi ver como a pesar de avante toda, o ardor estaba sempre no mesmo lugar, ou sexa, era como o horizonte que vas de cara a el, pero nunca o alcanzas, pois o ardor era o mesmo.
Así pasamos quince ou vinte minutos. Nós non viamos movemento ningún no ardor, cousa rara tamén, pois como ese fenómeno prodúcese ao mover a auga, e o ardor quen a move é o peixe, o mar vese bulir, pero aí, nada se vía. De súpeto o patrón mandou parar o barco e unha vez o barco parado, mandou apagar tamén as luces, que aínda que iso está prohibido, sería tan só cuestión duns poucos minutos, e tamén nos dixo que se algún está fumando que apague o cigarro. Así se fixo e todos nos quedamos mirando para o ardor o cal permanecía parado tal e como tamén estabamos parados nós.
Despois duns quince minutos, o patrón deu orde de acender todo de novo e unha vez volto todo á normalidade, Manolo baixou da ponte e díxonos "rapaces, aquí hai algo estraño ou misterioso. Cando me avisastes do ardor, eu xa o estaba vendo, pero tiña unha dúbida, por que non me detectaba o peixe o sonar?. Pois o sonar da a sensación de que está avariado, non se move, non detecta nin peixe nin ningún outro fenómeno ou movemento".
O patrón quixo facer unha nova proba e mandoulles a todos que se puxeran a popa, virou o barco sobre si para darlle a popa ao ardor e todo a vante para saber como reaccionaba a fogueira. O barco comeza a navegar dándolle a popa ao ardor, pero os mariñeiros quedan pasmados, o ardor fai igual que cando avanzaban de proa de cara a ela, agora a fogueira parecía seguilos e así durante media hora.
O patrón cavilou na necesidade de poñerse en contacto co armador. Chamar a ver que podían facer e así o fixo, pero notou un elevado nivel de interferencias e escoitábase moi mal. Tratou de explicar o que estaba ocorrendo, pero o armador non sabía que aconsellarlle. "Fai o que creas oportuno, desde terra nada podo facer".
As horas parecían eternas. Parados no medio e medio do mar e con aquela misteriosa luz da que parecía que non se podían librar, pero o patrón tivo unha idea, a de chamar ao barco da Armada Española encargado polo goberno español que acompaña aos pesqueiros do noso país, dándolles protección e así, pedirlles consello.
Unha vez en contacto coa Armada Española, do outro lado da liña non lle crían nada do que lles estaba a contar o patrón. Despois de varias explicacións, os responsables da Armada respóndenlles se será "o ardor ou fogueira no mar", pero patrón volveu a explicarlles que era imposible, "xa que neste caso, vaiamos a onde vaiamos, esa luz síguenos. Está a escasos centímetros por debaixo da auga e ten unha extensión como un campo de fútbol, e a unha distancia duns trescentos metros".
Os da Armada preguntan "en que situación estades?", ao que o patrón responde "non nos funcionan os aparellos, nin o compás, nin o sonar e tanto a UHF como a telefonía, van de milagre. Coido que xa pasamos pola Canle da Mancha ou o mar de Irlanda, preto do Reino Unido, pero andamos a paus de cego.
A Armada responde "a nosa situación é de cinco horas de navegación para chegar a onde vós, pero imos dar parte ás autoridades inglesas que están coma nós na OTAN a ver se eles que están máis preto, poden facer algo". O patrón responde "de acordo, moitas grazas. Corto". A Armada "estaremos en alerta. Corto".
Comentaban Pepe e Elías que aquela noite ningún dos mariñeiros, nin motorista nin patrón conseguiron durmir e nin á cama foron. Aquela luz alí sempre pendente deles a sen moverse. As horas foron eternas e o barco parado. Ningún baixou aos camarotes, todos ficaron en cuberta descansando como podían.
Sobre das sete da mañá senten un ruído, ruído que pouco á pouco ía aumentando. Xa comezaba a amencer e o ruído procedía do Norte, pero co amencer as misteriosas luces xa non se vían. Efectivamente, xa divisan na distancia a un helicóptero das forzas armadas inglesas. Os mariñeiros do pesqueiro "Flor de los Vientos", fan sinais de saúdo e de alivio cos brazos. O helicóptero sobre voa o barco, pero o curioso é, que pasará?, dicían, que agora as luces parecen estar apagadas e non se ve o que é, pensarán que é unha tomadura de pelo?".
Pero non, o helicóptero algo divisa, víase voar no mesmo entorno onde os mariñeiros vían as luces. O helicóptero daba voltas e voltas e dunha vez achegáronse ao barco e polo cable de salvamento baixáronlles unha caixa de plástico. O patrón baixou da ponte e colleu o encargo e ao tempo o helicóptero deu unha volta ao redor do barco en plan saúdo e despedida e marchou.
O patrón abriu a caixa e no seu interior unha mensaxe escrita en código "morse". O patrón colleu de telefonía e volveu a falar co barco da Armada Española explicándolles o que acontecera co helicóptero e a mensaxe en código "morse".
Desde o barco da Armada, mandáronlle que lles dixera os signos da mensaxe e unha vez rematado, comentáronlle que o ían a descifrar e traducir do morse en inglés ao español.
A resposta da mensaxe era aterradora e incrédula á vez. Os altos mandos da Armada Española comentáronlle ao patrón que en breves minutos aparecerían no seu entorno varios cazas de guerra ingleses. Ordenáronlles que no mastro de proa izasen a bandeira española e no mastro de popa que izaran a bandeira inglesa ven visibles para evitar que os cazas lles dispararan. A parte de todo iso, tan pronto divisedes os cazas ingleses dádelle a popa a ese fenómeno e avante toda, marchade en dirección contraria.
O patrón preguntou, de que se trataba?", pero os da Armada non llo quixeron dicir. Dixéronlle que se tranquilizara que pronto se librarían do problema. A Manolo o patrón, deulle como un ataque de ansiedade, pero entre todos, animámolo e o home foise recuperando.
Efectivamente, xa se sinte o ruído enxordecedor dos cazas de guerra ingleses, pero apenas nós os sentimos e aínda nin os viamos no aire, cando de súpeto vemos saír de debaixo do mar un inmenso e estraño aparato que volveu a acender as luces, saíu disparado de cara ao ceo ao tempo en que os cazas xa estaban próximos. O aparello escapaba a unha velocidade fóra do común. Os cazas intentaron seguilo, pero a velocidade do aparato aquel era tal, que os cazas parecían estar parados. Así é todo, os cazas disparáronlle ao aparato, pero sen éxito.
Cando xa estaba perdido de vista o aparato, os cazas deron tres voltas ao redor do barco a modo de adeus. A patrón comezou a pitarlles coa bucina do barco e os mariñeiros a berrar dándolles as grazas. Por fin o pesadelo rematou.
Pouco tardaron os da Armada Española en volver a chamar ao barco "Flor de los Vientos", preguntando que como fora todo. O patrón respondeulles dándolles as grazas e alegando que foran horas de gran tensión e angustia, pero o que era ao sentir a presenza dos cazas liscou como puido. A Armada preguntoulle ao patrón, "se agora lle funcionaban os aparellos: Compás, sonar, UHF...". "Si, agora todo volveu á súa normalidade, dixo o patrón". "Pois rogaríamos que deste fenómeno non publicarades nada en prensa", comentaron os da Armada "xa vistes que se trataba dun OVNI que estaba estudando tódolos vosos movementos, de aí que vos absorbera parte da vosa enerxía técnica e non vos funcionaban os elementos de pesca e orientación, pero si, aínda que malamente, os de telefonía de onde eles sacaban parte da información e que de aí notarades as interferencias.
O patrón dirixiuse aos mariñeiros aos que lles deu as grazas pola súa inmensa profesionalidade, compostura e respecto, e como o día xa estaba perdido, mandoulle ao cociñeiro facer un xantar especial para todos. "Coido, dixo Manolo, que hoxe en certo modo volvemos a nacer".
NOTA: Esta historia é FICCIÓN. O Ardor no Mar é un fenómeno REAL chámase LUMINISCENCIA.

Basanta Martínez, Xesús (Xesús do Breogán)