Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Menciñeiros, capadores e albeites. Vacas, feiras, tratantes e moinantes (41)

Otero Canto, Xosé - viernes, 13 de septiembre de 2024
Curiosidades: por onde se circula, señor garda?

Os galegos que temos unha certa idade, xa os nosos pais dicíannos por onde tiñamos que andar, mais nós non sabiamos se era pola dereita ou pola esquerda, non estaba nada claro e a garda civil multaba por todo, por non levar a chapa da bicicleta, por non ter luz e por moitas outras cousas, Menciñeiros, capadores e albeites. Vacas, feiras, tratantes e moinantes (41)por iso temiamos a presenza dos gardas porque uns anos era pola esquerda e outros pola dereita por onde tiñamos que andar cando iamos pola estrada. Aludindo a isto hai unha anécdota moi curiosa que vos vou contar e referida a Manuel, fillo de Severino, o que non mataron porque se escondeu, que era un home moi listo.
Un día ía Manuel para a feira de Castro de Ribeiras do Lea, sería un día oito ou un derradeiro sábado de mes que era cando tiña lugar esta feira, ía o bo do home con tres vacas e parouno a Garda Civil e díxolle:
- Como vén Vostede coas vacas por aí?
E contestolles desta maneira tan curiosa e sabia:
- Se veño pola dereita múltanme porque eu son de esquerdas...
Se veño pola esquerda, tamén me multan porque non se pode andar pola esquerda...
E así veño polo centro, a ver se non me multan.
E contestoulle a Garda Civil
- Bueno, Señor, siga así logo.
Mais Manuel, que era moi listo, contestoulles.
- Está ben, pero se hai outros gardas civís despois de vostedes, igual me multan, así que díganme, se fan o favor, por onde vou ir.

Texto: Xosé Otero Canto
Ilustracións: María Guerrero
Otero Canto, Xosé
Otero Canto, Xosé


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICIDAD
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES