Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Toca seguir colaborando

jueves, 05 de septiembre de 2024
Esto de colaborar nunca pasa de moda porque a vida segue e precisa da nosa aportación.
Vimos á vida, indefensos; precisamos da colaboración de adultos que se encarguen da nosa crianza; pero conforme imos medrando, imos tomando conciencia do noso entorno, ó mesmo tempo que nos imos entrenando para colaborar.
De feito vense criaturas moi pequenas que xa queren axudar.
É bo que axuden aínda que a súa axuda esixa paciencia e dedicación.
O importante é que aprendan a colaborar na medida das súas posibilidades e que vaian collendo responsabilidades.
No fogar poden ofrecer moita axuda nestes tempos que os proxenitores traballan fóra da casa e teñen que multiplicarse para atender ás necesidades da vida doméstica ademáis da laboral.
Que unha criatura saiba recoller e ordenar os seus xoguetes, os seus libros, a súa habitación, varrer, poñer a mesa, e outros labores no fogar é moi recomendable para ela e para a familia.
Cando unha criatura ben educada na casa chega á escola xa sabe comportarse e colaborar nos traballos en equipo.
E cando lle toca saír da casa para realizar estudios e compartir vivenda, xa leva moitas leccións aprendidas.
E non digamos no momento que se independice: xa estará preparada para a vida de familia e xa lle ensinará ós seus fillos as mesmas leccións que ela aprendeu no seu fogar natal.
OS ADULTOS ESTAMOS OBRIGADOS A DAR EXEMPLO:
-Na vida do fogar en primeiro lugar: alí danse tódalas especialidades que non son poucas e hai traballo para todos sen distinción de xénero nin de idade.
-Na vida laboral desde o posto que teñemos asignado a nosa colaboración é tan importante que dela depende a boa marcha das empresas e a economía do país.
-Na vida social tamén ten moita importancia porque se amplía o campo de acción en relación coa convivencia con outras persoas: coidado dos lugares públicos, amabilidade no trato, respecto e boa educación en todo momento, lugar e circunstancia...
TOCA COLABORAR E MOITO
Porque ó noso carón temos moitas necesidades tanto persoais como sociais.
Non só necesidades físicas, aínda que tamén.
Son moitas as persoas que precisan axuda para o básico como é lavarse, vestirse, comer.
Persoas con esas necesidades precisan unha atención continua ben sexa no seu propio fogar ou en institucións especializadas.
Pero tamén necesitan axuda todas aquelas persoas que precisan que as escoiten ben porque teñen problemas moi pesados ou porque senten soidade.
Certo que vivimos nunha aldea global e hai moita comunicación a nivel comercial, sobre todo; pero non pasa o mesmo a nivel persoal.
Moitas persoas senten soidade estando rodeadas de outras porque non poden manifestarse libremente como o seu corazón lles pide.
No medio rural hai moita poboación avellentada que tamén necesita compañía pero os animais domésticos, a nai natureza e o vecindario de toda a vida, fana máis levadeira que nas urbes.
As criaturas van a gardeiría, ós centros educativos ou á universidade e manteñen a vida social; pero as persoas enfermas non teñen as facilidades que necesitan.
Nas grandes ciudades todo o mundo corre por razón de horarios porque todo está cronometrado.
Tamén é onde máis estrés se produce chegando a deprimir a moitas persoas que cando se dan conta, teñen a saúde afectada e pasan a formar parte do colectivo en situación de soidade non desexada.
¿SON CONCIENTES OS PODERES PÚBLICOS?
Claro que sí; pero chegan a onde poden.
Os locais de tipo social fan un bo labor para as persoas que poden acercarse a eles.
O centros de día son un alivio para os dependientes e para sa súas familias e os centros xeriátricos tamén.
Aparte, as asociacións xogan un papel social moi importante.
Pero entre nós tamén hai moitas persoas que podemos consolar e facer algo de compañía como se facía noutros tempos nos que non había nin televisión, nin internet, nin centros sociais, nin teléfono; pero había máis humanidade.
NACEMOS PARA COLABORAR
Ninguén pode dicir que non vai necesitar dos demais.
Se o pensa así está ben equivocado.
Porque somos sociables por natureza, necesitamos amar e sentirnos amados.
Necesitámonos mutuamente.
Canto máis dámos, máis recibimos.
Se queremos recibir, antes temos que dar porque:
Manos que no dais... ¿Qué esperáis?
Hai que dar gratuitamente sen pedir nada a cambio porque xa é unha sorte moi grande ter para dar.
Se temos para dar é porque antes xa recibimos aínda que non foramos conscientes.
Cando non se espera nada a cambio, a vida dá sorpresas cando menos se espera e produce persoas bendecidas e agradecidas.
Ese agradecemento ten un valor incalculable que non se compra con cartos porque non hai cartos no mundo que o paguen.
Hai cousas que nin se compran nin se venden: as gratuitas son as mellores.
"AS GRATUITAS SON AS MELLORES"
Este será o título do seguinte artigo.
Moitas grazas por terme na súa consideración nesta ocasión.
Cachaza Platas, Mercedes
Cachaza Platas, Mercedes


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES