Corazón e razón
Cachaza Platas, Mercedes - jueves, 29 de agosto de 2024
Dise que o corazón ten razóns que a razón non entende e que a razón tamén ten razóns que o corazón tampoco entende.
Se o ser humano é o único que está dotado de razón e corazón (psiche, alma) bo sería ter en conta as dúas cousas á hora de conducirnos pola vida.
Ter bo corazón é unha das mellores cualidades que pode ter unha persoa, porque do corazón sae o amor e este: é paciente, é comprensivo, é servicial, é humilde, non se irrita, é misericordioso...
SE TODOS ACTUARAMOS CON BO CORAZÓ, ESTE MUNDO SERÍA UN PARAÍSO:
-Teríamos tanta paciencia como precisáramos tanto cos nosos propios problemas como cos dos outros.
-Poñeríamonos no lugar dos outros e comprenderíamos porque actúan como actúan.
-Seríamos tan serviciais que ninguén tería necesidade de nada porque saberíamos compartir o pouco ou o moito que tiveramos.
-Non deixaríamos que a soberbia entrara no nosos corazóns e sentiríamonos todos como irmáns sen diferenzas de clases sociais.
-Non nos enfadaríamos nunca con ninguén porque amaríamos con todo o noso corazón.
-Perdoaríamos tódalas faltas que cometeran con nós e reinaría sempre a paz.
Pero, nese caso non seríamos humanos, seríamos anxos.
Os anxos son espirituais; pero os humanos temos corpo, tamén.
DE TAL XEITO QUE O USO DA RAZÓN FAISE MÁIS QUE NECESARIO.
-Porque a nosa paciencia ten un límite e cando se acaba, porque alguén abusa da nosa bondade, hai que tomar outra determinación.
Non pasa outro tanto cando temos que levar con paciencia certos problemas para os que non queda outro remedio.
Nestes casos a razón dinos que hai que dar tempo ó tempo.
E se somos crentes, pedir a Deus que non se agote a paciencia e que se cumpra sempre a súa divina vontade
-Porque, aínda que está moi de moda a palabra empatía, poñerse no lugar dos outros tampoco resulta fácil nin posible moitas veces.
A vida íntima de cada persoa soamente a sabe ela.
Por eso a razón dinos que a prudencia pode botarnos unha man.
As apariencias engañan e xulgar á lixeira é moi perigoso.
-Porque ser serviciais tampoco nos resulta gratificante cando vemos que abusan da nosa xenerosidade.
Certo que debemos axudar en canto estea ó alcance das nosas posibilidades; pero cando nos encontramos con persoas avaras...
Desafortunadamente hai persoas egoístas, avariciosas e abandoadas que non saben estar á altura das circunstancias e daquela a razón dinos que o mellor remedio é poñer límites.
-Porque a nosa humildade deixa moito que mellorar.
Vivimos nunha sociedade saturada de materialismo e consumismo e cando somos materialistas e consumistas, caemos na tentación de ter tanto ou máis que os outros e a nosa soberbia fai acto de presenza con certa frecuencia.
A razón dimos que debemos ser humildes, pero o mundo arrástranos con tanta facilidade...
Unha mágoa.
Convennos fortalece-la razón e deixar actuar o noso corazón.
-Porque o mal xenio tamén forma parte da nosa personalidade e salta con certa frecuencia.
Conservar o autodominio non sempre nos é posible, aínda que a maioría das veces, sería moi aconsellable para a nosa saúde física, mental e espiritual.
A veces, a razón dinos que temos que facernos valer para que non nos pisoteen.
-Porque o noso amor propio non nos permite esquecer.
Aínda que perdoemos, tamén temos que facer valer a nosa integridade física e moral.
Cando alguén pasa as liñas vermellas, temos que defendernos e poñer terra por medio.
Somos humanos, pero non somos perfectos.
O ideal sería saber manter un equilibrio entre o que nos dicta o corazón e os que nos aconsella a razón.
Para eso precisamos moita educación e moita madurez.
Moitas persoas consígueno: son as persoas santas.
As persoas santas existen e dannos grandes leccións.
POR ESO NOS ENCONTRAMOS:
Persoas boas e sufridas.
Familias unidas e queridas.
Profesionais de talla moi elevada.
Cidadáns moi civilizados.
Veciños estupendos.
Compañeiros de traballo maravillosos.
Funcionarios moi competentes.
Sacerdotes moi entregados.
Políticos moi eficientes.
E un sinfín de persoas que intentamos ser un pouco mellores cada día e colaboramos coa nosa pequena aportación na construcción deste mundo que nos toca vivir.
"TOCA SEGUIR COLABORANDO"
Este será o título do seguine artigo.
Moitas grazas por terme na súa consideración nesta ocasión.

Cachaza Platas, Mercedes
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora