Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

El milagro soy yo

jueves, 14 de mayo de 2009
Hai uns días o escritor e xornalista Juan José Millás acusou a Aznar de non escribir "ningún libro" na súa vida. O Millás cando fala algo sabe. ¿A quen lle pode estrañar isto?. Quizais aos nacidos de bo berce. Pois a súa capacidade intelectual xa a demostrou ao longo da súa andaina.

Coido que co seu intelecto pode chegar a ser un García Márquez, ou quizais un novo Cervantes. Pode ser que Millás estea trabucado e todos nós tamén. Darvos conta que foi o home que apoiou a salvación de Irak con tropas pacifistas. Quixo emular ao gran pintor Velázquez, pintando as costas de Galicia con pintura negra, nesta faceta pódese dicir que case o consigue, faltoulle unha brocha máis para rematar, pero colleu dabondo "prestixio".

O home quixo, ou case o logra, de pechar toda a costa de España con ladrillo e cemento, para tratar de que non chegara o sida cos caiuqueiros, desta maneira mataba dous paxaros dun tiro, non usaríamos condón onde aforraríamos unha chea de diñeiro e o Papa contento. Algunhas obras aínda quedaron feitas, pódese dicir que son moi fermosas, que mágoa que non seguira.

Non lin o libro que presentou estes días: "España puede salir de la crisis", e non podo facer unha opinión completa, aínda que algo teño lido pola Internet e sobre algunhas cousas importantes fago unha pequena reflexión.

Seica que o primeiro que fai e buscar un culpable, e fala de Zapatero. Si señor, ten moita razón, este foi o que puxo a andar as hipotecas lixo e levounas polo mundo adiante como un tolo; disto xa llo viña avisando Bush desta anomalía neoliberal salvaxe por parte do presidente español. Fala tamén de flexibilizar a xubilación, ou sexa que a pensión do xubilado vai ser pagada cada un seguindo no traballo. Nesto temos que dicir que vai por bo camiño xa que desta maneira podemos traballar ata os oitenta ou ata morrer, xa que a preocupación do Sr. Aznar é de que manteñamos a nosa fortaleza de "macho íberico" e a dignificación do traballo como ser humano. Un home completo, sen esquecernos no tempo de vagar (se temos tempo) de ler o libro “Formación del Espiritu Nacional”.

O Sr. pacifista Aznar tiña que facer unha salvedade: os que chegan a padecer alzheimer aos 80 ou 90 anos non pode estar ao cargo de pilotar un 747 de rutas longas. Un cirurxián que padeza parkinson non poida exercer a esa idade. Un camioneiro de 80 anos con dioptrías de cus de botella non poida levar un tráiler. Poida que o Sr Aznar colla nota destas anomalías, quizais non pensara nesto. Home, son casos illados, pero ten que telos en conta.

Eu desde esta sinxela tribuna tamén lle podo dar ideas para superar a crise como: botar ao fondo 30 "prestixes" nas costas, e chamar aos parados para brigadas de praia. Outra idea sería que todos aqueles compañeiros que tivo cando estaba na Moncloa, que devolvan a España toda a pasta que chulearon en billetes de 500 euros, xa que ao pobre de Aznar o enganaron miserablemente.

¿Que non se lembra daquelas palabras que dixo?. Quedaran para a historia como un grande estadista: “El milagro soy yo”, “me encanta inspirarme en el silencio como Leonardo da Vince”, “yo solo confío en mi mismo”.

Como vedes é un grande home de estado e pasará á historia como escritor, pacifista, pintor e dignificador do traballo de anciáns e rematará escribindo sonetos e recitando poemas de amor e paz. Coido que pode arranxar a crise deste país. Tiñamos que deixalo e confiar nel. Non si.
Cardalda, Theo
Cardalda, Theo


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES