Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo

miércoles, 04 de septiembre de 2024
Que importa...

Que importa a distancia que vai dun asubío deica a recepción do mesmo! Como tamén me dá igual que o elefante ou elefantes se bambeen sobre as arañeiras da esaxeración. A min chégame con pensar no fío que cose as ilusións, as aspiracións que teño; que son moitas e, estas, si que bambean de présa e con forza sobre unhas pingas de orballo que mollan os meus sentimentos. Que máis me dá cruzar o Niágara en bicicleta ou simplemente cabalgando sobre unha idea ou no lombo dunha laverca!
Pingas de Orballo Desde que sae o asubío ata que chega ó oído, igual o eco choca contra os espíritos malignos. Que os hai. A moreas, a darlle cun sacho, a esgalla, a varrer, a carradas. Menos mal que facemos uso do xa sabido: a palabras necias, oídos xordos. E a seguir o camiño. Moitos seguimos o camiño desde un sofá, en pixama, e pensando nos biosbardos. Os biosbardos sempre serán uns grandes amigos.
Que importa o ruxerruxe, o axóuxere daquel que sempre está calado ata que esgaza a gorxa cun berro seco e longo! Ou aquel que contempla unha foto de fantasía e nota que se lle vai a vida observándoa. Que importa ir pola vida coa cabeza gacha cando se sabe que hai un momento, que sempre chega o momento en que hai que levantala para evitar o trompazo, a zoupada, o golpe, a realidade!
Hai rumores que dan para unha novela, palabras que intentamos xunguir ós soños e soños que, co tempo, serán reais ou non, lúcidos ou non, pesadelos ou non, lóxicos ou non, sentimentais ou non, alegres ou non. Como dicía aquel: os soños, soños son. Que importa a realidade cando se pode soñar! Soñemos. Soño.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES