Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo

Rivas Delgado, Antonio - miércoles, 28 de agosto de 2024
Quen espera, desespera

Pois nada; non queda outra que esperar. Levo tres horas esperando e seguirei. Quen ten que vir, non chega. Non lle vou facer desplante, claro. Espero. Aínda que o dixen moitas veces e que penso que xa sabedes... que quen espera, desespera. Esperando, abúrrome. Abúrrome moito. A pesar de que xa rematei un libro e empecei outro. Nas esperas, de todo se cansa un. Xoguei incluso un pouco co móbil; algo semellante ó trivial ou como lle chamen. Pingas de OrballoÉ dicir, preguntas a respostas. Sempre me gustou saber. Minto; sempre me gustou saber se sei, que cambia o asunto, a cuestión, a realidade. A maiores de que practico a memoria. Din que é bo exercitar a memoria, e que a certas idades é máis que bo. Xa vou tendo unha idade na que... eu que sei, vai ti saber. O alzhéimer pode aparecer en calquera momento. Se non apareceu xa.
Sigo esperando. Non me poño a asubiar algo de Morricone porque me dá vergonza. Non estou só na terraza. E se non asubío, moito menos canto unha de Sabina ou de Elvis. Aquí tamén minto un pouco: en tal caso, a do Presley cantaruxaría, xa que o meu inglés é máis que pobre. Tampouco me poño a bailar porque non sei. Como moito bailaría sobre unha toxeira a causa das picaduras. Non dou unha a dereitas: non podo bailar sobre unha toxeira porque escarallaría as súas flores. E estaredes comigo en que, onde estea a flor do toxo, que se quite todo o demais.
Sigo esperando. Á sombra. Porque seguimos coa canícula apoderándose dos días, desde a mañá ben cedo xa. Sigo esperando co sentido alerta por se... Alá vén xa! Deixo de esperar.

Representante de investigación policial

Quen é o máximo representante da investigación policial en toda a contorna de Baños de Molgas e parte da colonia emigrante? Un servidor. Resolvo casos que ninguén quere resolver. Resolvo aqueles que incluso non consigo dirimir; simplemente lles conto ós inocentes veciños que si os resolvín pero que non merece a pena comentar, pola súa sinxeleza ou polo seu achegamento veciñal. Eles quedan coa boca aberta e eu coloco o meu sombreiro sobre a cabeza en plan intelectual.
Pingas de Orballo Non hai moito resolvín o caso da toxeira sen flor. Os veciños, arre de deus, que os toxos tiñan flor cinco minutos antes. Presenteime ante o lugar dos feitos: unha carreira á dereita antes de chegar á ponte das Cabras. Non deixei que os veciños se achegarán moito, coa escusa de que podían destruír probas, pero coa realidade do temor a non saber atopar a verdade. Emporiso, non tardei en saber a causa: algún paspán que fixo un ramallete coas flores para agasallar á súa dona, ou querida, ou o que quixese que fose. Sóubeno polas pegadas dos pés (demasiado grandes para ser de muller) e polo papel que lle caera cun debuxo representando a unha palabra en inglés. En inglés!
Tamén fará dous meses que tiven que investigar unha pequena foto, na que se vía tan só unha bonita perna de muller. Un veciño en particular (que non vén ó caso o seu nome) quixo saber de quen era tal perna. Esta investigación custoume o seu aquel. Ata que din cunha pequena contusión no medio do papo da perna. Souben ó instante quen era, pero tampouco quixen descubrir a identidade da paisana. A ninguén lle debería importar que alguén fotografe unha perna ou o que lle dea a gana. Hai cada elemento solto...
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICIDAD
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES